Notas de prensa

As Xornadas sobre viño e cultura galega, en Ourense entre o 8 e o 10 de outubro

O profesor da USC Xavier Castro e a actriz Uxía Blanco propoñen un achegamento á cultura do viño a través da obra e da figura de Maruja Mallo, Rosalía de Castro, Julio Camba, Valle-Inclán e Álvaro Cunqueiro. Logo do seu paso por Vigo e Santiago de Compostela entre abril e xuño, agora o evento chega a Ourense.

A creación literaria, artística e musical galegas dialogan coa cultura do viño no marco das Xornadas Viño e Cultura, que se realizarán na cidade de Ourense do 8 de outubro ao 10 de decembro co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura.

Logo do seu paso polas cidades de Santiago de Compostela e de Vigo entre os meses de abril e de xuño, o profesor da Universidade de Santiago de Compostela Xavier Castro e a actriz Uxía Blanco propoñen agora en Ourense o achegamento á cultura do viño a través da obra dos creadores galegos Maruja Mallo, Rosalía de Castro, Julio Camba, Ramón María del Valle-Inclán e Álvaro Cunqueiro.

Cada un dos autores centrará as sesións que conforman a iniciativa, que tende pontes entre a obra destes autores e a produción de adegueiros galegos, sobre todo artesáns, que tamén tomarán parte no acto. En cada sesión explicaranse aspectos da obra do autor correspondente, a través de cuestións relacionadas coa cultura do viño e coa temática gastronómica vinculada con ela. Para isto, salientarase o vencello que existe entre ambos, comentaranse os cadros ou apartados da obra literaria nos que se fai mención ao viño e recitaranse poemas e fragmentos en prosa.

As xornadas contarán, así mesmo, con interludios musicais nos que se escoitarán pezas alusivas á cultura do viño e que garden algún tipo de vínculo co creador protagonista de cada sesión, tanto fragmentos de óperas ou obras clásicas, como tamén jazz e música galega tradicional. Neste marco realizarase tamén unha iniciación á cata de viños.

As sesións levaranse a cabo na cafetería do Liceo de Ourense, en horario de 20:00 a 22:00 horas. A obra e a figura de Maruja Mallo centrarán a primeira xornada, que se realizará o martes 8 de outubro. En novembro, Rosalía de Castro e Julio Camba serán os protagonistas, os días 19 e 26 de novembro, respectivamente. As últimas dúas sesións, xa no mes de decembro, dedicaránselles a Ramón María del Valle-Inclán, o 3 de decembro, e a Álvaro Cunqueiro, o 10 de decembro.

Cada sesión terá un prezo de 8 euros para socios do Liceo e 10 euros para non socios, con dereito a viños e petiscos. Pódese adquirir a entrada na propia cafetería do Liceo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-10-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES