Notas de prensa

Catro Bibliotecas da USC abrirán as súas portas en horario extraordinario ata mediados do mes de febreiro

As bibliotecas Xeral, Concepción Areal, e a da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais en Santiago e a Intercentros do Campus de Lugo manteñen ao longo do presente mes e ata o 17 de febreiro horarios extraordinarios de apertura coincidindo coa celebración do período de exames do primeiros cuadrimestre.

Deste xeito os estudantes disporán de salas de estudo nestas bibliotecas en horario ininterrumpido de 8:30 a 3:30 horas da madrugada, de luns a venres, e de 10 a 3:30 horas os sábados e os domingos. A estas zonas de estudo súmanse as bibliotecas das Facultades de Xeografía e Historia, Química e Filoloxía, que permanecerán abertas os sábados de 9:00 a 14:00 horas.
En total, neste período, os estudantes da USC disporán de algo máis de 3.200 postos de estudo nas catro bibliotecas que abrirán con horario extraordinario. A Biblioteca Xeral dispón de 349 postos, a da Facultade de Ciencias Económicas, preto de 350, mentres que a Concepción Areal 900, e a Intercentros de Lugo máis de 1.600 postos de lectura.

Gabinete de Comunicación USC, 2005-01-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (pesca-azul.jpg) Alfonso Rueda informou de que o Consello 'aprobou a orde para a posta en marcha do Bono Peixe' que ofrecerá 'ata 50 €' para mercar peixe e marisco frescos nos establecementos da comunidade adheridos. Unha medida coa que a Xunta busca 'incentivar o consumo' destes produtos galegos que son sinónimo 'de excelencia e calidade' por todo o mundo e 'facer unha chamada atención' sobre o descenso destes alimentos na dieta que se está a vivir 'a nivel nacional, europeo e mundial e do que Galicia non é allea'.
Foto de la tercera plana (praia_mar.jpg) Galicia segue a ser un referente nacional en calidade ambiental e turística, con 137 bandeiras azuis e 54 sendeiros azuis recoñecidos en marzo. Sanxenxo mantén a súa posición á cabeza do conxunto estatal con 17 praias, 3 portos deportivos (o Real Club Náutico Sanxenxo, o Club Náutico Portonovo e o Porto Deportivo Juan Carlos I) e 1 centro azul (o Centro de Interpretación das Telleiras), ademais de ser o concello que conta co maior número de sendeiros azuis de toda España, cun total de 8 rutas. Galicia mantense entre as tres Comunidades con máis distintivos azuis (tras a Comunidade Valenciana e Andalucía) con 137 galardóns que inclúen praias, portos e centros azuis, ademais de 54 sendeiros azuis recoñecidos en marzo. De feito, concentra unha de cada seis bandeiras azuis concedidas este ano aos areais españois.

Notas

No contexto do Ano Castelao 2025, o proxecto expositivo 'Traxes e cores de Galiza. A identidade nacional na plástica de Castelao' que dende este luns e ata o 30 de agosto se pode visitar no Colexio de Fonseca propón amosar a rica e importante presenza da indumentaria tradicional na obra pictórica e gráfica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Conectar os sectores agrícola e espacial, promovendo o uso de tecnoloxías do ámbito espacial en zonas rurais como ferramentas para a innovación e a resiliencia fronte ao cambio climático é o obxectivo do proxecto europeo AgroSpace, no que participan 12 entidades, entre elas a UVigo. Coordinados polo catedrático Jesús Simal Gándara, investigadores e investigadoras dos grupos de Investigacións Agrarias e Alimentarias; Tecnoloxías Aeroespaciais e Historia Contemporánea I conforman a representación da UVigo en AgroSpace.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES