Notas de prensa

AESGAL presenta unha nova edición do concurso Proxectos visibles

Entre os meses de setembro e outubro celébrase unha nova edición do concurso Proxectos visibles con dúas categorías: sociedades laborais de recente creación e entidades de fóra da economía social con iniciativas sociais que fomenten valores.

O concurso “Proxectos visibles”, celébrase nos meses de setembro e outubro. Trátase dun concurso con dúas categorías, para sociedades laborais de recente creación (últimos tres anos) e para entidades de calquera tipo de fóra da economía social con iniciativas sociais que cumpran ou promovan os nosos valores propios (participación, democracia, transparencia e sobre todo primacía das persoas e do seu interese colectivo).

O concurso premia as mellores ideas de presentación, e o premio serán sendas campañas de publicidade en internet no mes de decembro, profesionalizando esas ideas de presentación, para as empresas/entidades gañadoras.

O prazo de participación é do 11 de setembro ao 11 de outubro, e o 16 de outubro se publicarán os proxectos seleccionados para abrir unha votación on line ata o 23 de outubro. De esa preselección sairá o gañador en cada categoría, elixido polo xurado.

A web de referencia do concurso é http://visibles.aesgal.org

AESGAL, 2013-09-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES