Notas de prensa

Xela Arias, a titulo póstumo, e Moisés Rodríguez Barcia, gañadores do IV Premio de Traducción Plácido Castro

Reunido na vila pontevedresa de Baiona, o xurado desta IV edición do Premio de Traducción que convoca a Fundación Plácido Castro, presidido nesta ocasión por Rosario Ãlvarez Blanco, decidiu conceder o galardón ex aequo a Xela Arias e Moisés Rodríguez Barcia.

A Xela Arias pola tradución de O Spleen de Paris de Baudelaire e a Moisés Rodríguez Barcia pola tradución de Do asasinato considerado como unha das belas artes de Thomas de Quincey.
O xurado destacou a calidade literaria de tódalas traducións presentadas e a calidade, moi relevante, das obras premiadas.
É a segunda vez que se falla ex aequo este Premio, dotado con 3.000 euros e único no seu tipo en Galicia. Na primeira edición recaeu en Lois Tobío e Valentín Arias. Xesús Riveiro Costa, e Enma Lázare foron os gañadores das dúas anteriores edicións.
O premio será entregado o próximo 28 de xaneiro en Vilagarcía de Arousa. Igualmente, a Fundación convoca en Vigo a VI Conferencia Anual Plácido Castro que se celebrará o próximo 25 de xaneiro, coincidindo co natalicio do autor, na Casa Galega da Cultura, para abordar o significado de P. Castro no panorama da tradución en Galicia.

 

Premio de Traducción Plácido Castro, 2005-01-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (carlos-nunez-2025.jpg) Os Concertos do Xacobeo achegan a arte de Carlos Núñez, considerado como un dos mellores gaiteiros do mundo, ás Ermidas coa súa nova e singular xira 'Lugares Máxicos 2025'. O artista actuará no marco incomparable do Adro do Santuario da localidade ourensá o xoves, 17 de xullo, contra ás 20,00 horas. Os Concertos do Xacobeo danlle tamén cobertura a outras oito citas do músico este verán noutros escenarios únicos como Baiona, Ribadeo, Vilanova de Arousa, Salvaterra de Miño, Boqueixón, Marín, Sober e Sobrado.
Foto de la tercera plana (enfermidades-raras.jpg) O Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Enfermidades Raras 2025-2030 na que se van investir 400 millóns de euros e que vai reforzar os servizos de rehabilitación e ampliar o cribado neonatal. O obxectivo é desenvolver un conxunto de actuacións que teñen por obxectivo mellorar a calidade de vida destes pacientes que sofren este tipo de doenzas durante os próximos cinco anos. Unha das principais novidades será a avaliación de resultados en saúde para medir a calidade de vida, as funcionalidades recuperadas, a autonomía ou a redución da dor e dos síntomas, con cada un dos tratamentos.

Notas

No contexto do Ano Castelao 2025, o proxecto expositivo 'Traxes e cores de Galiza. A identidade nacional na plástica de Castelao' que dende este luns e ata o 30 de agosto se pode visitar no Colexio de Fonseca propón amosar a rica e importante presenza da indumentaria tradicional na obra pictórica e gráfica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Conectar os sectores agrícola e espacial, promovendo o uso de tecnoloxías do ámbito espacial en zonas rurais como ferramentas para a innovación e a resiliencia fronte ao cambio climático é o obxectivo do proxecto europeo AgroSpace, no que participan 12 entidades, entre elas a UVigo, coordinadas polo catedrático Jesús Simal Gándara.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES