Notas de prensa

Galicia lidera o crecemento de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros

A cifra de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros galegos subiu un 13,4% e a de pernoitas un 8,5% a respecto de agosto de 2012 e acada máximos históricos que superan en 20.000 persoas a cifra de agosto do último Ano Santo. Un total de 581.118 viaxeiros aloxáronse nos establecementos hoteleiros de Galicia.

Galicia presenta un mes máis o crecemento de maior intensidade a nivel nacional da cifra de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros, cun 13,4% máis de viaxeiros que no mesmo mes de 2012. En total, 581.118 viaxeiros aloxáronse nos hoteis e pensións de Galicia, rexistrando 1.293.649 pernoitas, isto é, un 8,5% de pernoitas máis que en agosto do ano pasado.

Este crecemento coloca o nivel de viaxeiros aloxados neste tipo de establecementos no mes de agosto no máximo histórico da comunidade, superando en case 20 mil viaxeiros a cifra do último Ano Santo 2010.

O bo comportamento da demanda hoteleira é consecuencia dos crecementos rexistrados nos tres grandes segmentos do mercado. Neste sentido, soben as pernoitas do turismo nacional –un 7,3% o turismo interno e un 8,5% o procedente doutras comunidades- e tamén soben as pernoitas rexistradas polo turismo internacional un 10% a respecto do mesmo período do ano pasado. A cifra de viaxeiros tamén experimentou crecementos: o 9% o turismo interno; o 16% o receptor nacional e o 11% a cifra de viaxieros estranxeiros. Deste xeito, neste mes de agosto a cifra de turistas estranxeiros acada máximos históricos de viaxeiros aloxados, superando por primeira vez a barreira dos 125 mil neste período e das 221 mil pernoitas.

Acumulado do ano

No que vai de ano, a cifra de viaxeiros rexistrada nos establecementos hoteleiros galegos subiu un 5,7% a respecto do mesmo período de 2012 e a de pernoitas subiu un 2,1%, rexistrando 4.728.980. A nivel nacional, Galicia rexistra a taxa de crecemento máis elevada da cifra de viaxeiros aloxados, liderando o incremento no conxunto de España tamén no que se refire aos oito primeiros meses do ano.

A cifra de viaxeiros internacionais neste período subiu un 14% e a de pernoitas rexistradas por este segmento turístico subiu un 11%.

Meses de verán

No período estival –meses de xullo e agosto- Galicia rexistra unha mellora dos niveis de demanda hoteleira, superando nun 12,2% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 6,7% a cifra de pernoitas do verán pasado. Por primeira vez nun ano non Santo Galicia supera o millón de aloxados nos meses de xullo e agosto. O turismo internacional acadou máximos históricos nos meses de xullo e agosto, así como o máximo peso no conxunto da demanda hoteleira –co 23% do total de viaxeiros aloxados-.

Peregrinos

Dende o día 1 de xaneiro ata a actualidade recolleron a Compostela na Oficina de Acollida ao Peregrino da Rúa do Vilar un total de 181.164 peregrinos, dos que o 48,87% son estranxeiros. Isto supón que no que vai de ano chegaron a Santiago 20.239 peregrinos máis que no mesmo período de 2012, isto é, un 12,57% máis.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-09-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES