A XIX Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades (CGU) comezou en Nantes (Francia) coa adhesión de sete novos membros á Asociación e a presentación e reprodución do vídeo gañador do seu concurso internacional de vídeos de estudantes. Ademais, o Comité Executivo do CGU presentou aos 63 representantes de universidades membro que se reuniron, algunhas das novas actividades que se levarán a cabo durante este curso académico.
Entre os novos membros, que foron presentados ao Grupo polos seus representantes, catro son universidades: a Universidade Anáhuac Xalapa (México), o Instituto Tecnolóxico de Santo Domingo (República Dominicana) e Turar Ryskulov Kazakh Economic University (Casaquistán). As outras tres institucións que se unen á rede son asociacións: a Asemblea Nacional de Reitores de Perú (Perú), QS Asia Quacquarelli Symonds e a Hispanic Association of Colleges and Universities (HACU, Estados Unidos). Estas incorporacións manteñen o número de universidades asociadas en 68 (membros de pleno dereito, tendo en conta 3 baixas) e incrementan o de países a 27; ademais, supoñen a expansión do Grupo Compostela ao continente asiático.
Durante á tarde, María Fernanda Flota, a estudante gañadora (con Miguel Tafich) do II Concurso Internacional de Vídeos do Grupo Compostela, presentou o seu vídeo 'Future' á Asemblea Xeral. No seu discurso, destacou xxxxx. Unhas horas antes, a vicepresidenta do CGU, Inmaculada Fortanet, explicou os novos aspectos que terá esta competición na súa próxima edición. Entre eles, é destacable que se habilitarán mecanismos para facilitar a participación tanto das institucións membro (en relación ás necesidades organizativas) como dos seus estudantes (que poderán realizar os seus vídeos sobre unha variedade de temas).
Na reunión tamén houbo tempo para a presentación das novas iniciativas que o Grupo organizará en 2013-2014. Un especialmente interesante para os seus miembros é o programa STELLA de mobilidade internacional de personal administrativo. A través desta iniciativa, o CGU proveerá 28 bolsas para a mobilidade intercontinental del persoal administrativo das súas universidades socias.
Segunda sesión: seminarios públicos e o Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta
O seminario 'Internationalising Students through Global Mobility' (Internacionalizando o Currículum dos Estudantes a través da Mobilidade Internacional), terá lugar mañá de 9 a 12.30 no Amphi Pelloutier da Universidade de Nantes. Trátase dunha actividade aberta ao público que se centrará no impacto da mobilidade internacional no currículum académico dos estudantes en todas as disciplinas e niveis. O seu principal obxectivo é analisar os beneficios e consecuencias da mobilidade tras o regreso á institución de orixe e, especialmente, no que se refire ao seu impacto no incremento das posibilidades de acceso ao mercado laboral. Durante a actividade, promoverase o debate entre representantes dos tres sectores involucrados: universidade, estudantes, negocios e industria. Actores tanto do lado da oferta como da demanda, participarán na discusión, tratando de responder a preguntas como ¿Que esperan as compañías dos graduados que realizaron unha mobilidade internacional durante os seus estudos universitarios? ou ¿Como poden os estudantes promover o seu currículum académico tras completar ese período?.
Continuando a tradición, a Asemblea Xeral do Grupo Compostela finalizará coa presentación do XVII Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, que este ano recoñece o labor da canle de televisión Euronews como creador e transmisor de noticias dende un punto de vista europeo.
Algúns exemplos de gañadores de edicións anteriores son a institución de posgrado, Colexio de Europa, a vicepresidenta da Comisión Europea e Comisaria de Axenda Dixital,Neelie Kroes, o Premio Nobel da Paz, Mohamed ElBaradei, o escritor e xornalista Amin Maalouf ou a cadea de televisión cultural europea, Canal Arte.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.