Notas de prensa

A 13º feira Termatalia ven de ser reforzada internacionalmente

Preto de 60 expertos de 14 países asistirán ao VIII Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo que acollerá a 13ª feira Termatalia na que participarán 31 países e 237 expositores, o que colocará a Ourense e a Galicia no epicentro do termalismo mundial.

A decimoterceira edición de TERMATALIA volverá a situar a Galicia e a Ourense no punto de referencia do termalismo mundial reunindo a 237 expositores.

A Feira Internacional de Turismo Termal, Talasoterapia e Spa celebrarase entre o 20 e o 22 de setembro no recinto feiral de Expourense contando co apoio principal da Axencia Galega de Turismo da Xunta de Galicia, o IGAPE, o Concello de Ourense e a Deputación Provincial. A feira foi presentada esta maña nun acto ao que asistiron o presidente do Comité Executivo de Expourense e da Cámara de Comercio de Ourense, Celso Barbosa; o Delegado territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o concelleiro de Termalismo, José Ãngel Vázquez Barquero; o representante da Xunta Directiva de Balnearios de Galicia, Rafael Luaña; e o Director Xerente de Expourense e director de Termatalia, Alejandro Rubín.

Con Perú como país convidado, estarán presentes 31 países procedentes de catro continentes (España, Portugal, Chile, México, Perú, A Arxentina, Francia, Italia, Costa Rica, Estados Unidos, Alemaña, Brasil, Mozambique, Xordania, Hungría, Israel, Marruecos, Rumanía, Paraguai, Angola, Polonia, Letonia, República Checa, Bulgaria, Luxemburgo, Grecia, Colombia, Islandia, Bélxica, Ecuador e Turquía). Estes expositores reflexarán o elenco de axentes que interveñen no desenvolemento do sector, desde a captación do recurso da auga ata a comercialización do destino turístico, pasando polo deseño, construcción e xestión de centros termais. Proveedores, talasos, balnearios, clínicas, augas, touroperadores, spas, turismo, institucional, arquitectura, vilas termais, eficiencia enerxética, estética, asociacionismo, ou formación, serán os campos de actividade que se atoparán en Termatalia 2013.

PERÚ, PAÃS CONVIDADO

Despois de acoller o ano pasado a primeira edición de TERMATALIA fora de España, Perú será este ano o país convidado e estará representado por autoridades do MINCETUR e das súas Municipalidades. Trátase dun dos países de América Latina con maior potencial termal e con indudable valor como destino de Turismo da Saúde e o Benestar debido á súa abundancia de mananciais, a relevancia dos seus recursos naturais e o notable empeño dos seus municipios por desenvolvelos.
No país existen máis de 500 fontes termais distribuidas por todas a súas rexións, das cales 242 foron estudiadas polo Instituto Xeolóxio Minero-Metalúrxico (INGEMMET) e contan con potencialidade de ser aproveitadas, además de moitas outras que están todavía sen analizar.

ACCIÓNS DE NEGOCIO

O Centro de Negocios Internacional será un ano máis o eixo central de TERMATALIA; Acollerá as distintas reunións profesionais entre touroperadores, importadores de bens de equipo, provedores e expositores. Neste contexto, porase en marcha a Bolsa de Contratación Turística que contará con 34 touroperadores e maioristas de viaxes nacionais e internacionais, (España, Reino Unido, Brasil, Rusia, Alemania, Estados Unidos, Holanda, Francia, México, Portugal, Suecia e Noruega).
Entre as misións comerciais desta edición destacan o “FAM TOUR Maioristas de Viaxes de Galicia”, organizada por Turgalicia e Turespaña; a “Misión Inversa de Turismo Termal” organizada pola Cámara de Comercio de Ourense e a de “Prescritores internacionais de termalismo” convocada pola Agrupación Empresarial Innovadora Termal de Galicia, AEITEGAL.
TERMATALIA consolídase novamente coma ponte de unión termal entre Europa e América Latina e esta edición recibirá a visita de delegacións empresariais e municipais procedentes do Perú, A Arxentina, Turquía, México, Costa Rica e da European Espas Association (representantes de balnearios de Europa: Bulgaria, Rumanía, Hungría).

VIII Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo

TERMATALIA convertirase durante tres días no foro internacional onde se presenten as últimas novidades do sector en investigación, tratamentos, servizos, produtos e equipamentos, así como as estratexías de diferentes países para desenvolver o seu potencial termal. O Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo chega a súa oitava edición contando coa participación de 57 expertos procedentes de 14 países.

O Encontro estructurase en tres sesións. Arrinca o xoves 19 co Encontro de Cidades Termais. A segunda xornada, o venres 20, será a Sesión sobre Turismo, Innovación e Sustentabilidade, onde se abordarán temas como o marco lexislativo europeo no que a nova Directiva sobre Servizos de Saúde Transfronteirizos creará oportunidades de negocio para os balnearios e clínicas españolas, entre outros temas. A última xornada será o sábado 21, coa Sesión científica sobre Hidroloxía Médica, Hidroloxía, Auga e Saúde. O termalismo e as augas minero-medicinais ao servicio da saúde marcarán esta sesión.

O programa deste encontro complementase coa organización de tres rutas termais para que os prescriptores internacionais poidan coñecer a eurorrexión Galicia- Norte de Portugal que é a que concentra maior número de mananciais e augas máis quentes de Europa: a Ruta á Ribeira Sacra patrocinada polo Inorde, a Ruta Transfronteiriza (Balneario de Laias-Termas de Melgaço), e a Ruta da Auga (Eurocidade Chaves-Verín).

OUTRAS ACCIÓNS PROFESIONAIS

Como novidade nesta edición, TERMATALIA realiza a primeira convocatoria de Comunicacións Científicas e Pósters, que obtivo unha importante acollida pola comunidade científica.

Tamén se desenvolverá unha nova edición do Foro de Inversores, auspiciado polo Concello de Ourense, no que se darán a coñecer os atractivos da cidade para desenvolver proxectos turístico-termais entre empresarios do sector con grande potencial. Dado o carácter internacional da feira, neste foro intervirán tamén proxectos destiños como os do Perú, Cataluña ou México.

TERMATALIA servirá de plataforma para a Industria da Auga Mineral envasada con actividades como a Cata Internacional de Augas ou Curso de Hidrosumiller a cargo da Associazione Degustatori Acque Minerali de Italia.
Nesta edición volverán a celebrarse actuacións con éxito en anos anteriores como foi o Fam trip con axencias de viaxes destinado a fomentar o coñecemento do mercado do turismo de saúde para este segmento minorista, ou a Ãrea de Saúde, que orientará a colectivos que presentan dolencias crónicas sobre a prescricións das augas máis indicadas para as súas necesidades.

TERMATALIA xa é un referente internacional no ámbito do turismo para moitos profesionais de Europa e América Latina. Nesta edición de 2013 aposta tamén por unir a súa marca a outros referentes internacionais como a moda e o Camiño de Santiago. Neste contexto, nace o I Thermal Spa & Fashion Meeting, que consistirá en reforzar a conexión entre moda e benestar a través de accións destinadas a prescritores internacionais e na que participarán Adolfo Domínguez, Roberto Verino, Bimba & Lola e o grupo textil STL (xoves 19, 13 horas). Asemade, coincidindo coa feira, a Orden do Camiño de Santiago celebrará un Capítulo Extraordinario no que se investirán ás novas Damas e Cabaleiros procedente dos distintos países participantes en Termatalia. Será o sábado 21 na Catedral de Ourense.

ACTIVIDADES PARA O PÚBLICO

TERMATALIA conta tamén cun programa de actividades aberto ao público. O Bar de Augas, o Balneario e a Ãrea de Relax con sesións de masaxe gratuítas, estarán dispoñibles para todos os asistentes, que ademais poderán participar en distintas actividades entre as que este ano destaca a primeira edición do Curso de Cata de Augas para público en xeral “Augas como Elemento Vital e Elemento Gourmet”, impartida por Gallaecia, que finalizará cunha cata comentada popular. Non faltarán tampouco as exhibicións de coctelería da Auga e os sorteos en estancias termais de España e Portugal.

à tradicional exposición “Bio-biográfica de Termalismo”, cedida polo Dr. Luis Rodríguez Míguez; súmase unha exhibición de “Arquitectura Termal”, coordinada polo Arquitecto Josep Sánchez Ferré que ofrecerá unha panorámica das infraestruturas termais de distintos países europeos e latinoamericanos.

Presentacións, conferencias e obradoiros completan unha ampla programación que inclúe máis de medio centenar de actividades.
Para facilitar a asistencia tanto dos cidadáns de Ourense coma dos visitantes, a Organización en colaboración coa empresa “Urbanos de Ourense” porá en marcha un servizo de autobús turístico dispoñible durante a fin de semana, e os que empreguen esta mobilidade recibirán unha invitación para acceder á feira.

Toda a información relativa a Termatalia está dispoñible en www.termatalia.com e desde as redes sociais.

Departamento de Comunicación de Expourense, 2013-09-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (20251223-xunta.jpeg) A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodía a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
Foto de la tercera plana (otero-pedrayo.jpg) En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do Día das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co Día das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.

Notas

O LHCb, un dos detectores do gran colisor de hadróns (LHC) do CERN en Suíza, produce colisións de protóns a altísimas enerxías. Estas colisións xeran partículas inestables que conteñen quarks pesados, cuxa desintegración permite estudar fenómenos de física fundamental que axudan a explicar por que o universo está formado principalmente por materia e case non contén antimateria.
Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, mantiveron este martes unha xuntanza na que se abordou a posta en marcha do Observatorio de Vivenda de Vigo tras a sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas institucións con esta finalidade. O obxectivo desta nova ferramenta será realizar e ofrecer unha diagnose constante do mercado da vivenda, monitorizar a súa evolución e propoñer medidas de corrección coa previa avaliación de súa idoneidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES