Resoltas as bolsas de sostibilidade, participación e integración universitaria da USC
A VicerreitorÃa de Estudantes vén de facer pública a resolución das vinte e cinco bolsas de sostibilidade, participación e integración universitaria para o desenvolvemento de actividades nos centros docentes da USC no presente curso académico 2004-2005.
A lista co nomeamento dos bolseiros pódese consultar na páxina web da VicerreitorÃa de Estudantes e Relacións Institucionais http://www.usc.es/estaticos/destacados/bolseiros.pdf
Estas bolsas, dotadas con 150 € ao mes durante seis meses, de xaneiro a xuño de 2005, convócanse no marco de colaboración entre a Oficina de Voluntariado dependente da VicerreitorÃa de Estudiantes e Relacións Institucionais e a Coordinación do Plano de Desenvolvemento Sostible dependente da VicerreitorÃa de Calidade e Planificación Estratéxica.
Con elas trátase de dinamizar as accións do Plano de Desenvolvemento Sostible dirixidas a activar campañas para a participación social e o voluntariado, concienciar e apoiar as accións de integración de cada centro e coordinar a difusión de información sobre cursos, seminarios, xornadas e actividades relacionadas coa sostibilidade, a participación social e a integración universitaria, entre outras actividades.
Gabinete de Comunicación USC, 2005-01-14
Actualidad

Os Concertos do Xacobeo achegan a arte de Carlos Núñez, considerado como un dos mellores gaiteiros do mundo, ás Ermidas coa súa nova e singular xira 'Lugares Máxicos 2025'. O artista actuará no marco incomparable do Adro do Santuario da localidade ourensá o xoves, 17 de xullo, contra ás 20,00 horas. Os Concertos do Xacobeo danlle tamén cobertura a outras oito citas do músico este verán noutros escenarios únicos como Baiona, Ribadeo, Vilanova de Arousa, Salvaterra de Miño, Boqueixón, MarÃn, Sober e Sobrado.

O Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Enfermidades Raras 2025-2030 na que se van investir 400 millóns de euros e que vai reforzar os servizos de rehabilitación e ampliar o cribado neonatal. O obxectivo é desenvolver un conxunto de actuacións que teñen por obxectivo mellorar a calidade de vida destes pacientes que sofren este tipo de doenzas durante os próximos cinco anos. Unha das principais novidades será a avaliación de resultados en saúde para medir a calidade de vida, as funcionalidades recuperadas, a autonomÃa ou a redución da dor e dos sÃntomas, con cada un dos tratamentos.