Notas de prensa

Máis de 41.000 persoas colaboran nas ONG de desenvolvemento galegas

En Galicia, máis de 41.000 persoas forman parte da estrutura das ONGD. Participan nos equipos de voluntariado, son persoal contratado ou forman parte da base social das 46 ONG de Desenvolvemento integradas na Coordinadora Galega de ONGD. A maioría, son mulleres de entre 25 e 40 anos.

O voluntariado é unha das principais formas de participación nas organizacións solidarias. Nas 46 ONGD da Coordinadora, son 1.928 as persoas que colaboran a diario co obxectivo de transformar o mundo nun lugar xusto, igualitario e libre. Unha cifra que creceu o último en case 300 persoas (1.670 en 2012). Por outra banda, as persoas que colaboran como socias nas ONGD galegas son algo máis de 39.000.

Nas ONGD tamén traballan persoas que manteñen un vínculo laboral coa organización. Son profesionais con formación universitaria cualificada que participan na xestión e seguimento de proxectos tanto en Galicia como nos países onde se desenvolven iniciativas de cooperación internacional e de acción humanitaria. Hoxe, as ONGD teñen contratadas 82 persoas en Galicia e 9 no estranxeiro. Estas cifras son menores cás de 2010, momento no que había 107 contratos en Galicia e o número de persoas inscritas no Rexistro de Cooperantes de Galicia superaba a centena.

Das 82 persoas que traballan en Galicia, unha gran maioría son mulleres (61) pero tamén son elas as que teñen unha situación laboral máis fráxil: unha maior porcentaxe de contratos temporais e a tempo parcial cós homes. Por este motivo, a Comisión de Xénero da Coordinadora ten previsto poñer en marcha nos próximos meses un plan para reducir a fenda de xénero no interno das organizacións. Nos últimos anos, avanzouse moito nestes aspectos e, por exemplo, a participación de mulleres nos equipos directivos creceu de forma clara. Aínda así, hoxe hai máis homes que mulleres nos postos de presidencia (26 fronte a 20, respectivamente) malia que elas teñen máis presenza nas organizacións.

Outro elemento fundamental que permite o traballo das ONGD son as contrapartes: as organizacións sociais nos países do Sur. Estas organizacións son as que coñecen a realidade local, as necesidades e as formas axeitadas para traballar en cada comunidade. A maioría tamén son organizacións formadas por persoal contratado, voluntariado e base social. E son o motor indispensable para a transformación da realidade. En Galicia, as ONGD traballan con máis de 40 contrapartes de América Latina e África.

Coordinadora Galega de ONG para o desenvolvemento, 2013-08-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES