O 17 de agosto comezan os actos cun concerto da Banda de Música da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo ás 20:00 horas na praza da urbanización Estivada da Ribeira. O 19 de agosto, xornada central ó redor de Casal, comezará cunha actuación do malabarista Kote para o público familiar na praza da urbanización Os Carballos (Montouro) a partir das 19:00 horas. O acto institucional dará comezo ás 20:30 horas na praza da urbanización da Estivada da Ribeira. Alí, como cada ano moi preto co monumento a Ánxel Casal, darase lectura do nome das persoas represaliadas en/de Teo. A continuación intervirá un representante da Oliveira, asociación teense pola recuperaicón da memoria histórica e do patrimonio e as intervencións institucionais pecharáas o alcalde, Martiño Noriega.
Este acto terá o acompañamento musical do grupo Alvariza, que estreará para a ocasión dous temas orixinais de Nicolás Otero Conde, un dedicado a Ánxel Casal e outro a Avelino Pousa Antelo. A xornada pecharase coa ofrenda floral diante do monumento a Ánxel Casal.
O 20 de agosto, cando fai un ano da súa morte, familiares, amigos e institución, lembrarán a Avelino Pousa Antelo. Ás 13:00 horas, no salón de plenos do Concello, preséntase unha revista-libro monográfica sobre Pousa. Ás 18:30 horas, tamén na Casa do Concello, realízase unha mesa redonda sobre o traballo de Avelino como mestre galego normalizado. Ás 20:00 horas no Paseo Avelino Pousa na urbanización Os Verxeis (Oza) onde vivía o fillo adoptivo de Teo farase un acto máis emotivo no que haberá acto de afectos e recordos, ofrenda floral, intervencións poéticas e musicais. Esta xornada está organizada por amigos e familiares de Pousa Antelo e conta coa colaboración do Concello de Teo.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.