En virtude deste acordo, o Grupo NOVE, composto por 22 dos restauradores de máis relevancia da comunidade, e Turismo de Galicia desenvolverán actuacións como a celebración dun evento promocional Showcooking na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela no mes de outubro de 2013 (Museo Centro Gaiás). Así como a adquisición dun stand-cociña móbil para cociña demostración. Ademais, os cociñeiros do grupo asistirán aos eventos de promoción turística para os que sexan requiridos para facer demostracións culinarias en vivo. Ao tempo, publicarase o libro Nove e a cociña galega. Cociñeiros, paisaxes e produtos.
Estas actuacións terán como fin a difusión da cultura gastronómica galega e a nova cociña a toda a poboación, dentro e fóra de Galicia. Ademais, reforzarán a presenza da marca Galicia nun dos principais mercados emisores e poñerán en valor a gastronomía, un dos piares fundamentais da cultura do país. De igual xeito, preténdese que a gastronomía actúe como elemento de desestacionalización e atractivo para os viaxeiros interesados nas creacións gastronómicas e de calidade.
A publicación Nove e a cociña galega abordará o papel do grupo NOVE como dinamizador da cociña en Galicia, ademais de aportar a visión persoal de cada cociñeiro sobre un produto e un prato ou receita.
A segunda motivación dos turistas que visitan Galicia
Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, falar de gastronomía en Galicia é falar dun dos motivos principais polos que os viaxeiros se achegan a compartir connosco o noso destino. A boa mesa e os nosos viños son a segunda motivación, tras a natureza, dos turistas que nos escollen para as súas vacacións, explicou. Nava Catro resaltou a importancia de potenciar novas iniciativas que divulguen a gran potencialidade gastronómica de Galicia e que nos sitúen á vangarda da oferta culinaria.
A directora de Turismo comentou que a posta en marcha de iniciativas de promoción neste eido supón a posta en valor dun recurso que ten moita capacidade de atracción e que ao tempo é moi versátil, que pode complementarse con outros produtos ou experiencias e que enriquece a estadía na nosa comunidade.
Pola súa parte, o presidente do Grupo Nove, Miguel Ángel Campos, resaltou que con estas actuacións preténdese tamén acadar un achegamento do público á alta gastronomía e á cociña de vangarda que se fai en Galicia.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.