O material obxecto deste concurso componse fundamentalmente de envases de aceiro mesturados con outros refugallos destas características que son separados mecánicamente a través de electroimáns Overbands. A previsión da empresa é clasificar da orde de 600-900 toneladas mensuais que enviará, como ata o de agora, a un recuperador/reciclador autorizado de acordo ao estipulado na Lei de Envases e Residuos de Envases. Non obstante, e co obxectivo de garantir que isto sexa así, o adxudicatario deberá remitir a Sogama, nun prazo non superior a seis meses, a contar desde a data de retirada, o certificado mensual de recepción do material por cada unha das firmas implicadas na cadea de trazabilidade ata o seu destino final, que en todo caso é a fundición, debendo facerse cargo igualmente, e de acordo coa lexislación vixente, da xestión dos elementos impropios.
A fin de facilitar a preparación de ofertas por parte dos interesados, estes poderán visitar as instalacións desta entidade pública para comprobar as condicións do material obxecto de venda. O prazo para a presentación de candidaturas finaliza ás 13:00 horas do próximo 26 de agosto.
Desde o ano 2004, a Sociedade Galega do Medio Ambiente remitiu á industria recicladora 67.579,35 toneladas de aceiro procedentes da bolsa negra.
PENALIZACIÓNS
O incumprimento dos prazos ou tempos de resposta para a retirada de material, que deberá facerse nun máximo de 24 horas desde a solicitude cursada por Sogama, dará lugar a unha sanción do 5 por cento do importe mensual do contrato por cada día de atraso.
Así mesmo, no caso de que o certificado de trazabilidade non se presente no prazo estipulado, aplicarase unha penalización do 10 por cento sobre o importe facturado no mes en cuestión e sobre a cantidade pendente de certificar.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.