Turismo de Galicia participará en dous actos promocionais co obxectivo de chegar ao meirande número de operadores. Turismo de Galicia estará presente nun encontro cos 100 operadores turísticos máis importantes dos Estados Unidos de América e Canadá.
Turismo de Galicia forma parte dunha xuntanza de traballo con 81 compradores de viaxes que se celebra no Hotel Marriot de Miami. Nesta xuntanza, Turismo de Galicia poderá individualizar a súa oferta e mostrar todas as posibilidades de Galicia no ámbito deste produto turístico.
Turistas norteamericanos
Galicia rexistrou en 2012 algo máis de 46.000 viaxeiros dos Estados Unidos de América que se aloxaron en establecementos regrados da Comunidade galega hoteis, pensións, apartamentos turísticos, cámpings e Turismo Rural-.
Os Estados Unidos de América supuxo o 5,6% do total do turismo internacional en Galicia, rexistrando, en relación a 2011, un incremento do 34,2% no número de turistas. En termos globais, os EE.UU, constitúen o sexto mercado turístico internacional de Galicia e o primeiro non europeo.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.