O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, salientou, nunha entrevista na Radio Galega, o traballo das Forzas e Corpos de Seguridade así como de todos os dispositivos de emerxencias que están a traballar desde o minuto un do accidente ferroviario que tivo lugar preto de Santiago.
Feijóo aseverou que o importante, neste momento, é evacuar aos feridos que están sendo atendidos nos centros hospitalarios de Santiago e Pontevedra. O obxectivo número un é atender a todos os feridos, sentenciou, logo de precisar que o obxectivo inmediato é trasladar as vítimas en función da autorización xudicial ao polígono do Sar e atender aos familiares nas instalacións que o Concello de Santiago ten no barrio de San Lázaro.
O titular da Xunta destacou que a conselleira de Sanidade desprazouse de forma inmediata ao Complexo Hospitalario de Santiago e está a coordinar o comité de crise sanitario; e no posto de mando avanzado estiveron, amais do Delegado do Goberno en Galicia e da ministra de Fomento, o conselleiro de vicepresidencia, encargado de Emerxencias, e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que se desprazaron posteriormente ao edificio municipal Cersia de Santiago, punto de información e atención aos familiares das vítimas. Así mesmo, precisou que está en permanente contacto co presidente do Goberno, con quen falou en tres ocasións.
Así mesmo, o titular da Xunta aseverou que o Goberno galego seguirá informando seguindo os protocolos que marca a autoridade xudicial que, neste momento, está traballando no lugar.
Por último, Feijóo reiterou o labor de todos os servizos de emerxencias que están actuando cun enorme rigor dentro do pesar xeneralizado así como o comportamento exemplar e solidario dos galegos.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.