O xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, dependente de Turismo de Galicia, José Paz Gestoso asinou cos rexedores municipais dos concellos de Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Arzúa, Melide e Triacastela senllos convenios de colaboración para a contratación de persoal nos puntos de atención turística dos devanditos municipios que conte con formación especializada sobre os recursos turísticos da comunidade, así como con formación específica sobre as Rutas Xacobeas e os recursos turísticos, culturais, naturais e patrimoniais asociados a elas.
No acto de sinatura estiveron presentes tamén a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias e mais a delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén Do Campo.
En virtude deste acordo, os municipios realizarán contratacións específicas de persoal especialmente cualificado sobre a información relacionada co Camiño Francés e coas Rutas Xacobeas, así como co patrimonio asociado ás mesmas e cos diferentes recursos. O obxectivo é que os peregrinos do Camiño Francés, así como os viaxeiros que así o demanden, poidan obter información puntual, precisa e especializada sobre os diferentes recursos relacionados coa ruta que percorren e ao tempo, que dispoñan da posibilidade de obter información sobre os servizos e produtos turísticos do destino Galicia.
En contraprestación por este servizo, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo fará unha aportación de 8.000 euros para cada un dos Concellos destinada á contratación de persoal especificamente cualificado.
Peregrinos polo Camiño Francés
O Camiño Francés rexistrou no que vai de ano un incremento na cifra de peregrinos do 12,5% a respecto dos rexistrados entre o 1 de xaneiro e o 11 de xullo de 2012. Neste ano, 60.831 peregrinos percorreron o Camiño Francés, 6.759 peregrinos máis que o ano pasado. O 70,62% dos peregrinos que chegan a Compostela fano por esta ruta.
No que vai de ano, un total de 86.133 peregrinos percorreron todas as rutas Xacobeas, un 11,9% máis que no mesmo período do ano pasado. O 58,4% dos peregrinos que recolleron a Compostela na Oficina de Acollida ao peregrino no que vai de ano son estranxeiros.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.