Homenaxe ó prof. Dieter Kremer. Novi te ex nomine, novo tÃtulo editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza na súa serie Biblioteca Filolóxica de Galicia
ACTO:
Data: Venres, 14 xaneiro de 2005
Hora: 12 h
Lugar: Salón de Actos da Facultade de FiloloxÃa, SANTIAGO DE COMPOSTELA
Asisten:
- Excmo. Sr. D. Senén Barro Ameneiro, Reitor Magfco. da Universidade de Santiago de Compostela.
- Ilmo. Sr. D. Ernesto González Seoane, Decano Fac. FiloloxÃa
- Prof. Ramón Lorenzo
- Profa. Dra. Dna. Ana Boullón.
- Sra. Dna. Marta Rey, Directora da Fundación Barrié de la Maza.
- Prof. Dieter Kremer.
Novi te ex nomine. Estudos filolóxicos ofrecidos ao Prof. Dr. Dieter Kremer
Publicación editada pola Fundación Pedro Barrié de la Maza na súa serie Biblioteca Filolóxica Galega que se realiza en colaboración co Instituto da Lingua Galega (ILGA).
O profesor Dieter Kremer é catedrático de FiloloxÃa Románica na Universidade de Tréveris (Alemaña). A súa vinculación con Galicia data da década de 1960, e desde entón vén estimulando as relacións non só académicas, entre a Universidade alemá e a de Santiago, senón tamén as culturais entre os dous paÃses. A súa especialidade é a onomástica románica, e desde ela realizou importantes estudos sobre os nomes propios en Galicia, especialmente da época medieval, que contribuÃron a dar a coñecer este aspecto da nosa realidade lingüÃstica ante a comunidade cientÃfica internacional. Como promotor do proxecto PatRom, que ten como obxecto os apelidos nos ámbitos de fala románica, tamén deu pulo ó estudo da antroponimia en Galicia, tanto desde o punto de vista histórico como sincrónico.
Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2005-01-13
Actualidad

Os Concertos do Xacobeo achegan a arte de Carlos Núñez, considerado como un dos mellores gaiteiros do mundo, ás Ermidas coa súa nova e singular xira 'Lugares Máxicos 2025'. O artista actuará no marco incomparable do Adro do Santuario da localidade ourensá o xoves, 17 de xullo, contra ás 20,00 horas. Os Concertos do Xacobeo danlle tamén cobertura a outras oito citas do músico este verán noutros escenarios únicos como Baiona, Ribadeo, Vilanova de Arousa, Salvaterra de Miño, Boqueixón, MarÃn, Sober e Sobrado.

O Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Enfermidades Raras 2025-2030 na que se van investir 400 millóns de euros e que vai reforzar os servizos de rehabilitación e ampliar o cribado neonatal. O obxectivo é desenvolver un conxunto de actuacións que teñen por obxectivo mellorar a calidade de vida destes pacientes que sofren este tipo de doenzas durante os próximos cinco anos. Unha das principais novidades será a avaliación de resultados en saúde para medir a calidade de vida, as funcionalidades recuperadas, a autonomÃa ou a redución da dor e dos sÃntomas, con cada un dos tratamentos.