Notas de prensa

En concierto: Ellen Gould Ventura (Canadá sefardí – Cataluña) y conxunto Mashalá!. VI Tribos Ibéricas – As Novas Tribos: Mulleres Que Chegaron de Lonxe

Lautaro Rosas, co laúde, (Xile) Ernesto Briceño, co violin (Venezuela) Franco Molinari, contrabaixo (Italia) Chandra Naraine, percussion (La Guayana) Campus de Compostela: 19 xaneiro 2005 - 21:00 h Auditorio da Universidade (Campus Sur) ENTRADA LIBRE Campus de Lugo 20 xaneiro 2005 - 20:30 h Auditorio Gustavo Freire ENTRADA LIBRE

NotaNo repertorio que presenta en Santiago de Compostela e Lugo fai unha ampla selección de cancións xurdidas durante a diáspora dos xudeus que se dispersaron polo Mediterráneo. Especialmente, por países como Marrocos e Turquía ou cidades como Saraxevo. A maioría destas composicións pertencen a rabinos, filósofos, poetas e músicos procedentes das comunidades expulsadas. O grupo Mashalá! –termo que significa parabéns en Xudeo’Castellano, turco e árabe- esta especializado en musica sefardí e mizrahi.
Recentemente participaban Ellen Gould Ventura y MASHALÃ! na conferencia de Maimonides a la Universidade de Barcelona, na xornada europea dedicada á cultura xudía no Museo Nacional de Arte de Cataluña así como no Forum das Culturas de Barcelona. Facíao cun concerto dedicado á musica sefardí baixo o titulo Cancións do exilio sefardí e co conxunto Mashalá! dedicouse en ambos eventos a facer un percorrido pola música dos xudeus expulsados da península durante os séculos XIV e XV.
Esa é a proposta desta cantante, escritora e directora artística nacida en Canada no ano 1964. Os xéneros nos que é especialista son o sefardí, mizrahi e klezmer, pero tamén ten posto en marcha proxectos de jazz, cavarte e musica clásica. Precisamente hai tres anos presentaba con motivo do Día Internacional da muller o se espectáculo Autorretrato En Azul. En Canadá a súa actividade tena levado interpretar, escribir e dirixir cine e teatro.

Ellen Gould-Ventura & Mario Scattoloni, 2005-01-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (carlos-nunez-2025.jpg) Os Concertos do Xacobeo achegan a arte de Carlos Núñez, considerado como un dos mellores gaiteiros do mundo, ás Ermidas coa súa nova e singular xira 'Lugares Máxicos 2025'. O artista actuará no marco incomparable do Adro do Santuario da localidade ourensá o xoves, 17 de xullo, contra ás 20,00 horas. Os Concertos do Xacobeo danlle tamén cobertura a outras oito citas do músico este verán noutros escenarios únicos como Baiona, Ribadeo, Vilanova de Arousa, Salvaterra de Miño, Boqueixón, Marín, Sober e Sobrado.
Foto de la tercera plana (enfermidades-raras.jpg) O Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Enfermidades Raras 2025-2030 na que se van investir 400 millóns de euros e que vai reforzar os servizos de rehabilitación e ampliar o cribado neonatal. O obxectivo é desenvolver un conxunto de actuacións que teñen por obxectivo mellorar a calidade de vida destes pacientes que sofren este tipo de doenzas durante os próximos cinco anos. Unha das principais novidades será a avaliación de resultados en saúde para medir a calidade de vida, as funcionalidades recuperadas, a autonomía ou a redución da dor e dos síntomas, con cada un dos tratamentos.

Notas

No contexto do Ano Castelao 2025, o proxecto expositivo 'Traxes e cores de Galiza. A identidade nacional na plástica de Castelao' que dende este luns e ata o 30 de agosto se pode visitar no Colexio de Fonseca propón amosar a rica e importante presenza da indumentaria tradicional na obra pictórica e gráfica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Conectar os sectores agrícola e espacial, promovendo o uso de tecnoloxías do ámbito espacial en zonas rurais como ferramentas para a innovación e a resiliencia fronte ao cambio climático é o obxectivo do proxecto europeo AgroSpace, no que participan 12 entidades, entre elas a UVigo, coordinadas polo catedrático Jesús Simal Gándara.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES