Notas de prensa

A mellor literatura galega da biblioteca de Cela, nunha mostra na Cidade da Cultura

Os visitantes que se acheguen á Biblioteca de Galicia poderán contemplar unha selección de obras dos principais autores galegos, que forman parte da biblioteca doada por CJC á súa Fundación. Trátase de máis dun centenar de exemplares no que están representados autores dende o Prerexurdimento.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Fundación Pública Galega Camilo José Cela inaugura unha nova mostra anual sobre a figura do premio Nobel padronés na Biblioteca de Galicia sita na Cidade da Cultura. Esta exposición vén substituír á exposición sobre “La familia de Pascual Duarte” e forma parte do acordo de colaboración entre a Fundación e a Biblioteca de Galicia para difundir á figura e a obra de Camilo José Cela mediante a realización de actividades e exposicións conxuntas, a través da cesión de exemplares ao Gaiás.

Nesta nova mostra, que xa está aberta ao público, pódense contemplar exemplares da biblioteca de Cela relacionados con Galicia dende tódolos puntos de vista: literatura, historia, lingua, ciencias sociais, guías turísticas, biografías, arte e incluso exemplares da hemeroteca da Fundación. A sección de literatura é, sen dúbida, a más completa, e na que están representación os autores máis importantes de cada xeración, -incluíndo en moitos casos dedicatorias a CJC dos seus autores. Escritores do prerexurdimento como Xoán Manuel Pintos -coa súa obra clave 'A gaita galega'-, e Francisco Añón; o Rexurdimento con Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez; a literatura do século XX coas Irmandades da fala -Ramón Cabanillas-, o Grupo Nós –con Vicente Risco ou Ramón Otero Pedrayo-, autores como Castelao, Rafael Dieste e Luis Pimentel; literatura de posguerra con Aquilino Iglesia Alvariño, Álvaro Cunqueiro ou Celso Emilio Ferreiro; o exilio representado por Luis Seoane e Eduardo Blanco Amor; e a literatura galega durante a democracia, con exemplares de Xosé Luis Méndez Ferrín, Carlos Casares, Manuel Rivas, Alfredo Conde ou Roberto Vidal Bolaño.

Destaca tamén un conxunto de primeiras edicións da editorial Galaxia dos anos 50 e 60, moitas de elas tamén dedicadas polos seus autores. Recóllense nesta mostra tamén obras de autores galegos en lingua castellana como Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Valle-Inclán ou Gonzalo Torrente Ballester ou obras representativas de autores non galegos pero relacionadas con Galicia como Ángeles de Compostela de Gerardo Diego ou 'Poemas galegos' de Federico García Lorca.

Entre o resto de materias destaca a obra Historia de Galiza, dirixida por Ramón Otero Pedrayo, e traballos de José Filgueira Valverde, Xosé María Álvarez Blázquez, José María Castroviejo ou Manuel Chamoso Lamas. Dentro dos exemplares da hemeroteca que se poden contemplar nesta mostra cabe destacar os 'Semanario político, histórico y literario de La Coruña' (1809), publicación seriada galega máis antiga que se conserva na Fundación, ou un exemplar da revista Nós de 1930. Esta mostra ten carácter anual polo que poderá visitarse ate finais do primeiro semestre de 2014.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-07-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES