O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cualificou o deporte e o téxtil como claros expoñentes do que significa potenciar a imaxe e situar Galicia no ámbito internacional, situar Galicia nun dos eventos máis importantes que vai ter España en Barcelona neste verán, colocándoa con forza no mapa internacional. Hoxe sinalou-, a moda galega viste a España e logra lanzar a imaxe que pretendemos, dun país aberto, dun país que sabe interpretar o deseño de futuro e dun país que sabe trasladar, ademais, o deseño do futuro ao vestiario do presente, ao ser provedora oficial do Campionato do Mundo de Natación, Barcelona 2013, que permitirá que a nosa comunidade se coñeza en todo o mundo desde Barcelona.
Así o asegurou durante a recepción ofrecida ao Comité Organizador do Campionato do Mundo de Natación e ao deseñador Florentino, que será o provedor oficial da proba deportiva que se celebrará do 19 de xullo ao 4 de agosto en Barcelona, vestindo cos seus deseños a máis de 500 persoas vinculadas co evento.
O deporte e o téxtil danse a man para aliarse e ofrecer a nosa imaxe a todo o mundo. As 500 persoas que van vestir as roupa de Florentino van acreditar que en Galicia se fai un téxtil, non só de cantidade, que tamén -a primeira multinacional do mundo en téxtil é galega, é Inditex-, pero temos o deseño e o produto doutros moitos emprendedores e empresarios que seguen, a pesar das dificultades, exportando moda, exportando marca e exportando calidade. E ese é o caso de Florentino, abondou.
O armario do Campionato do Mundo de Natación será un armario galego, será o armario dun excelente empresario que é Florentino Cacheda, afirmou Feijóo, incidindo en que esta firma radicada en Lalín, que xa se ten consolidado no sector da moda masculina de deseño a nivel internacional, dá emprego a máis de 500 persoas de forma directa e indirecta; conta con máis de 35.000 metros cadrados de naves industriais; cun centro loxístico de máis de 15.000 metros cadrados; produce e distribúe máis dun millón de prendas ao ano en todo o mundo; e conta cunha ampla rede exterior, ao estar presente en nove países, en mercados como Francia, Portugal, Filipinas, Exipto, México, China, Corea, Líbano ou os Emiratos Árabes.
Na mesma liña, o mandatario autonómico lembrou que non é a primeira vez que Florentino se embarca nunha empresa semellante, pois conta con experiencia sobrada neste eido, ao ter vestido a deportistas vinculados ao mundo da vela, do golf ou a equipos de fútbol de elite que xa teñen lucido os seus deseños en distintos estadios de fútbol do noso país. En consecuencia, Florentino liderará o vestiario, ao coller o fío e a agulla, encargándose da sastrería, do deseño e do estilismo dos mundiais de Natación Barcelona 2013, enfatizou.
O presidente da Xunta non quixo rematar a súa intervención sen felicitar a Florentino Cacheda por este logro e sen agradecer a confianza que o equipo organizador dos Mundiais de Natación Barcelona 2013 depositou en Galicia e nunha das empresas téxtiles da comunidade. Quixo manifestar expresamente a súa gratitude pola presenza dunha das mellores nadadoras e deportistas españolas de todos os tempos, Gemma Mengual, e tamén pola presenza dunha das mellores nadadoras galegas, Beatriz Gómez.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.