Catro artesáns galegos expoñen os seus traballos no Museo do Traxe de Madrid, dentro da exposición dos proxectos finais do Máster de Deseño en Pel dirixido por Enrique Loewe no que participaron co apoio da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
Elena Ferro, de Silleda, os tudenses Naín Rodríguez Alonso e Isaac Romero Esteras, e o estradense Mario Rodríguez Oca foron os seleccionados na convocatoria de catro bolsas de formación posta en marcha pola Fundación co obxectivo de mellorar o emprego das técnicas dos artesáns galegos, incidindo especialmente no deseño, a innovación e a aplicación de novas tecnoloxías.
Esta convocatoria encádrase na estratexia de impulso ao sector artesán galego que desenvolve a Consellería de Economía e Industria a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Os principais eixos desta labor céntranse na aposta pola innovación e o deseño, a formación e especialización dos profesionais e a mellora da comercialización, ao tempo que se preservan os valores que constitúen a esencia dos produtos artesanais, como son a calidade dos materiais e un coidado proceso de produción.
O Máster de Deseño en Pel, en cuxa clausura intervén esta tarde a xerente da Fundación, Elena Fabeiro, ten como obxectivo experimentar novos métodos de creatividade a través da colaboración entre a artesanía e o deseño. Na súa primeira edición participaron creadores de diferentes disciplinas como o deseño de moda, deseño gráfico, enxeñería, arquitectura ou artesanía. O desenvolvemento do Máster foi no Centro Tecnológico de la Piel MOVEX, en Ubrique, unha localidade cunha forte tradición do traballo da pel e que conta cun importante número de empresas marroquineiras.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.