
Na sede do Grupo Fonmiñá, reuniuse o Xurado do Certame convocado para
elixir o cartel que anunciará a XXXV Semana Internacional de Cine de Autor.
A este Certame concorriron un total de 80 deseños procedentes de diversos
puntos de España optando ao premio en metálico (1.000), trofeo, e a
designación do cartel para ser o elemento representativo da próxima Semanande Cine.
Formaron o Xurado representantes das institucións copatrocinadoras e
membros de Fonmiñá: Aurelia Balseiro, Directora do Museo Provincial, pola
Deputación Provincial; María Dolores Moya Doménech, polo Concello de Lugo; María José Fernández, por Nova Caixa Galicia; Carmen Xove, pola
Universidade-Campus de Lugo; Manuel Gulín, pola Xunta de Galicia; e os
membros de Fonmiñá: Manuel Curiel (Director da Semana de Cine), Eduardo
Rodríguez Ochoa, José Manuel Guisasola, Carlos Rodríguez e Xulio Xiz
(Presidente).
O Xurado elixíu como cartel anunciador da XXXV Semana de Cine ao orixinal presentado por MAR BALCELLS FONT, de Barcelona, á que xa se lle comunicou.
Fotografías: Carlos Rodríguez Arias.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.