Notas de prensa

Sogama organiza en Galicia un curso sobre xestión sostible de RSU en colaboración coa UIMP

Entre o 2 e o 4 de xullo, no curso "A xestión sostible dos residuos urbanos: beneficios ambientais, económicos e sociais”, abórdase a reciclaxe dos residuos sólidos urbanos según as particularidades xeográficas, orográficas, climatolóxicas, poboacionais, sociais e culturais particulares de Galicia.

A Sociedade Galega do Medio Ambiente, co apoio da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), organiza en Galicia un curso que, baixo o título “A xestión sostible dos residuos urbanos: beneficios ambientais, económicos e sociais”, tratará de proporcionar as claves para levar a cabo unha axeitada xestión dos refugallos producidos na nosa comunidade, atendendo ás particularidades do seu territorio desde a dimensión xeográfica, orográfica, climatolóxica, poboacional, social e cultural.

Orientado a todo tipo de público, e máis específicamente a profesores e estudantes universitarios, profesionais e expertos do sector e representantes municipais (alcaldes, concelleiros e técnicos), o curso, dirixido polo presidente de Sogama, Luís Lamas, terá lugar os días 2, 3 e 4 de xullo no Pazo Provincial da Deputación Pontevedra, dándose cita no mesmo relatores de alto nivel de distintas entidades públicas e privadas.

Dada a actual conxuntura de crise económica, e tendo en conta que o sistema de recollida e xestión de lixo é deficitario na maior parte dos municipios, as distintas xornadas serán aproveitadas para poñer en común o modus operandi a seguir para que o custo da xestión do mesmo sexa o menos lesivo para as arcas locais e os petos da cidadanía, ademais de respectuoso co medio ambiente e integrador desde a dimensión social.

Porque a xestión dos residuos constitúe un servizo básico e esencial para a comunidade que debe ser sufragado na súa totalidade pola cidadanía a través das correspondentes taxas municipais, toda vez que o conxunto dos cidadáns, pola nosa condición de consumidores, somos produtores de desperdicios, que, de non ser tratados correctamente, constitúen un importante foco de contaminación, poñendo en perigo a conservación do contorno natural e, por suposto, o benestar e a salubridade pública.

O evento tamén será aproveitado para trasladar ao auditorio unhas orientacións básicas en torno á importancia trascendental que ten a súa activa participación na xestión do lixo con medidas que promovan a menor produción, a reutilización e máximo aproveitamento dos produtos e, por suposto, a colaboración na axeitada separación das distintas fraccións de material para que estas poidan ser recicladas e colocadas de novo no mercado.

ESTRUTURA

Cunha duración de 3 días e 20 horas lectivas (12 relatorios e 2 mesas redondas), a primeira xornada centrarase no apartado normativo, contando para isto cunha portavoz do Despacho Garrigues Avogados, Ana López Piñeiro, quen explicará os pormenores da Directiva Marco de Residuos 2008/98/CE, así como coa Subdirectora Xeral Adxunta de Residuos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Margarita Ruíz Saiz-Aja, encargada de trasladar as novidades da Lei estatal de Residuos e Solos Contaminados 22/2011. Pola súa banda, a Subdirectora Xeral de Residuos e Solos Contaminados da Consellería de Medio Ambiente, Verónica Tellado Barcía, explicará os principais retos do Plan Galego de Xestión de Residuos Urbanos 2010-2020. Este primeiro bloque complementarase cunha disertación sobre a economía dos residuos sostibles, que correrá a cargo do xornalista e Doutor en Ciencias Económicas, Xavier Horcajo.

Unha mesa redonda sobre a aplicación práctica da normativa vixente porá o peche a esta primeira sesión, incorporándose á mesma os portavoces das entidades anteriormente referenciadas, ademais da Técnico da Oficina de Medio Ambiente da Fegamp, Lucía González Louro.

O segundo día prestará especial atención ao tratamento dos refugallos no modelo Sogama, a repercusión da actividade desta empresa pública en Galicia e os mitos e realidades da valorización enerxética da fracción resto, contando coas achegas do Presidente desta Sociedade, Luís Lamas Novo, unha portavoz do CSIL Milano, consultora contratada no seu momento pola Comisión Europea para elaborar un estudo sobre a evolución de Sogama na nosa comunidade e repercusións ambientais, económicas e sociais, tarefa que asumirá Emanuela Sirtori, e do presidente de Aeversu (Asociación de Empresas de Valorización Enerxética), Ãngel Fernández Omar. A xornada completarase coa operativa da Mancomunidade do Barbanza, tarefa que asumirá o seu Director de Explotación, Jacobo Patiño López, e coa compostaxe doméstica e tratamento de augas residuais por parte da Deputación de Ourense, a cargo de Javier Bobe Vázquez, Director da Ãrea de Medio Ambiente, e María Sabas Ãlvarez, Xefa de Xestión Ambiental.

Na última sesión prestarase especial atención á educación e sensibilización ambiental na xestión dos residuos, contando tamén coas actuacións da Deputación de Pontevedra, que explicará a súa Técnica de Medio Ambiente, María Martínez Abraldes. A continuación, o Xerente da firma Aporta Comunicación, Pedro Tasende, abordará as estratexias para chegar ao cidadán neste ámbito.

O peche, e con carácter previo ao acto de clausura, virá da man dunha mesa redonda sobre o sistema de recollida selectiva en Galicia, que moderará o Director Xeral de Sogama, Isidro García Téllez, e na que intervirán o Xefe do Servizo de Planificación, Prevención e Información da Consellería de Medio Ambiente, Fernando Asperilla Pinilla, o Delegado Zona Norte de Ecoembes, Fernando Blázquez Andrés, o Xerente de Ecovidrio en Galicia, Germán Fernández Freire, e a Técnico da Oficina de Medio Ambiente da Fegamp, Lucía González Louro.

Gabinete de Comunicación de Sogama, 2013-06-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (nenos_1.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe a posta en marcha dun programa específico para reducir o abandono escolar centrado en varóns e na poboación inmigrante sen educación secundaria de segunda etapa, é dicir, que non contan con títulos superiores ao de ESO. O responsable do Executivo autonómico apuntou que a redución do abandono escolar é un 'importantísimo asunto de carácter estrutural no que a Xunta está embarcada hai tempo'. Aínda que indicou que 'imos polo bo camiño', lembrando que Galicia pechou 2025 cunha taxa do 10,4%, case tres puntos por debaixo da media estatal, sinalou que 'non podemos conformarnos nin moito menos'. Así, lembrou que a taxa de abandono educativo temperán é case o dobre nos homes (13,5%) ca nas mulleres (7,2%), polo que o Goberno galego está a intensificar as medidas especiais sobre eles.
Foto de la tercera plana (carballo-interplay-2026.jpg) O XIII Carballo Interplay desenvolverá do 16 ao 19 de abril un programa de 32 actividades arredor da creación dixital contemporánea, das series en pequeno formato, a cultura de internet e a reflexión sobre os novos modos de comunicar na rede. O certame reforza este ano a presenza do galego como lingua de creación, conversa e pensamento no ecosistema dixital, cunha programación específica arredor dos contidos no noso idioma nas RRSS, accións formativas para a mocidade, premios dirixidos a recoñecer o talento que crea na nosa lingua e novas oportunidades para a produción de proxectos.

Notas

O Plan de Marketing Turístico de Lugo (PSTD Et edendo Lucus) é a folla de ruta 2024‑2026 que define a estratexia para posicionar á cidade como un referente europeo en turismo de calidade. O seu obxectivo principal é impulsar un turismo sostible que combine a riqueza do patrimonio romano, a biodiversidade da Reserva da Biosfera e a tradición enogastronómica da zona, para converter a Lugo nun destino imprescindible para amantes da historia, da natureza e da gastronomía, recoñecido pola súa autenticidade, innovación e compromiso ambiental.
O teatro galego celebrou a súa gran festa no Teatro Rosalía Castro da Coruña coa entrega dos XXX Premios de Teatro María Casares, o principal recoñecemento das artes escénicas en Galicia. Nunha gala marcada pola emotividade e o espírito festivo, a obra Reconversión, da compañía Ibuprofeno Teatro, erixiuse como a gran gañadora da edición ao acadar un total de seis galardóns.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES