Celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, unha xornada coa que a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura (FAO) pretende fomentar a sensibilización da poboación en torno á necesaria protección do contorno, promovendo ao mesmo tempo a atención e acción política e social ao respecto.
Ante a alarma suscitada pola elevadísima porcentaxe de alimentos que acaban no cubo do lixo, co lema elixido para este ano Pensa. Aliméntate. Aforra preténdese dar a coñecer o impacto ecolóxico, económico e social que teñen as nosas decisións alimentarias e como tomalas.
E é que, segundo a FAO, cada ano desperdícianse no mundo 1,3 billóns de toneladas de comida, cifra equivalente á produción alimentaria de toda a África Subsahariana; dato que contrasta co feito de que 1 de cada 7 persoas do planeta vaise á cama famenta e máis de 20.000 nenos menores de 5 anos morren de inanición cada día.
Aínda que a Terra trata de ofrecer os recursos necesarios para os seus 7 billóns de habitantes, cunha previsión de 9 millóns para 2050, estímase que un terzo da produción alimentaria pérdese ou desbótase. Non en van, a produción global de alimentos ocupa un 25 por cento da superficie habitable, un 70 por cento do consumo de auga, un 80 por cento de deforestación e un 30 por cento de gases, posicionándose, polo tanto, como unha das actividades que afectan en maior medida á perda de biodiversidade e aos cambios no uso do solo.
É por iso que a produción, comercialización e consumo de alimentos esixe un cambio de rumbo que permita inverter unha tendencia que está a ocasionar serios prexuízos de todo tipo. Faise necesario, polo tanto, abrir a porta a certas decisións que permitan reducir a xeración de residuos, aforrar cartos e diminuír o impacto medioambiental.
MONGOLIA, SEDE DO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2013
Así o anunciou no seu momento o Programa da ONU para o Medio Ambiente (PNUMA) durante a reunión mantida o pasado mes de febreiro en Nairobi co obxectivo de discutir as estratexias para un futuro sostible. A elección de Mongolia débese fundamentalmente ao traballo e esforzo que vén desenvolvendo na transición cara a unha economía verde dos seus sectores máis produtivos.
EXQUISITOS MENÚS A PARTIRES DE SOBRAS DE COMIDA
Sogama tamén quere aportar o seu pequeno gran de area no proceso de concienciación social sobre a imperiosa necesidade de reducir os refugallos de alimentos. E con este obxectivo editou no seu momento unha publicación gastronómica que, baixo o título Para repañar o prato!, presenta exquisitos menús elaborados a partires de sobras de comida, poñendo freo ao incesante malgasto de ingredientes que poden ser, e de feito o son, perfectamente aproveitables a través de novas preparacións culinarias. Entrantes, carnes, peixes e sobremesas constitúen os apartados nos que se estrutura a edición, que á súa vez proporciona trucos e consellos cos que propiciar unha mellor conservación dos alimentos.
A través deste libro de receitas preténdese trasladar igualmente ao lector unha serie de recomendacións coas que diminuír a xeración de residuos na compra. Así, destácase a necesidade de planificar o consumo, facer unha lista do realmente necesario e non deixarse levar polas ofertas de produtos irrelevantes, utilizar o carro da compra, evitando as bolsas de plástico dun só uso, rexeitar os envases e envoltorios superfluos e, sobre todo, empregar o sentido común.
MÁIS ALIMENTO, MENOS DESPERDICIO
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA) presentou en abril a estratexia Máis alimento, menos desperdicio, que ten por obxectivo limitar e reducir as perdas de alimentos. As grandes áreas de actuación nas que se baseará o desenvolvemento desta iniciativa centraranse na realización de estudos para coñecer canto, como, onde e o porqué do desperdicio de alimentos. Con tal fin procederase á elaboración de guías de boas prácticas e accións de sensibilización dirixidas aos axentes da cadea alimentaria, a restauración e os consumidores; á análise e revisión dos aspectos normativos que incidan sobre a xeración de alimentos desbotados, como a recente derrogación da fecha límite de venda do iogur; ao impulso de actuacións en colaboración con outros axentes para reducir o desperdicio e maximizar a redistribución de alimentos desbotados; e ao fomento do deseño e desenvolvemento de novas tecnoloxías para mellorar a eficiencia no aproveitamento de produtos.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.