Galicia acolle este ano, por vez primeira, a asemblea da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais, xunto coa programación de actividades que se desenvolven arredor dela. Ludaria. Patrimonio lúdico europeo é o nome baixo o que se presenta esta iniciativa, que se vai desenvolver en Ourense entre o 20 e o 23 de xuño co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
As actividades de Ludaria foron presentadas hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, nun acto no que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou que este encontro constitúe unha oportunidade evidente para poñer en valor o patrimonio cultural lúdico galego, así como para darlles pulo aos xogos tradicionais, tanto desde o punto de vista lúdico, como deportivo, socioeconómico e cultural.
Co obxectivo de favorecer a organización en Galicia desta encontro europeo, a Consellería de Cultura e Educación asinou en outubro de 2012 un protocolo de colaboración con Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional, que está integrada na Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais. O presidente de Brinquedia, Alberto Casal, e Lois Pardo, presidente da comisión organizadora do encontro, explicaron o programa e os obxectivos da iniciativa, nun acto que tamén contou coa participación do alcalde de Parada de Sil, Francisco Magide; do responsable do servizo de Deportes do Campus da Universidade de Vigo, Rodrigo Alberte; e mais coa concelleira de Educación e Cultura de Ourense, Ana Garrido.
Actividades para difundir os xogos tradicionais
Ademais da propia asemblea de socios, a programación de Ludaria, que se pode consultar na páxina web www.ludaria.eu, contará con diversas iniciativas, entre as que se inclúen demostracións de xogos, o coloquio O xogo tradicional como elemento museolóxico e sustentábel, un encontro escolar galego, unha xuntanza de modalidades galegas de birlos en Parada de Sil e unha intervención festiva sobre as gaitas de palla.
A European Traditional Sports ang Games Association (Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais) está constituída por federacións, asociacións culturais ou deportivas, sociedades profesionais e institucións académicas dos distintos estados europeos cuxos propósitos se centran na xestión, promoción e posta en valor dos xogos e deportes tradicionais dos pobos de Europa.
Entre os seus fins destacan o de favorecer a creación dunha rede europea, promover a creación doutras asociacións e facilitar a organización de encontros, os traballos de investigación ou a creación de ferramentas pedagóxicas. Obxectivos que tamén asumiu Brinquedia cando, hai 7 anos¬, toma contacto cos seus socios europeos e entra a formar parte da asociación. Desde entón, Brinquedia vén participando nas distintas asembleas e encontros convocados en diversos lugares do continente, participa dos acordos da asociación europea e achega distintas mostras dos xogos tradicionais galegos.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.