Notas de prensa

Estréase no Festival de Cans (O Porriño) o filme Somos xente honrada

A fita, producida por Vaca Films e dirixida polo vigués Alejandro Marzoa, proxéctase por vez primeira en Galicia tras o seu paso polo Festival de Málaga e a pouco antes da súa chegada ás salas de cine. Tamén se exhibe a película O Apóstolo.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou na estrea galega de Somos xente honrada, primeira longametraxe do director vigués Alejandro Marzoa producida por Vaca Films, que tivo lugar no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño como parte do acto oficial de apertura da décima edición do Festival de Cans.

O filme, que chega ás salas de cine españolas o 7 de xuño, contou para a súa produción co apoio económico do departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad a través dunha achega de 234.000 euros dentro da convocatoria de axudas ao audiovisual da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Este organismo de Cultura e Educación é tamén unha das entidades patrocinadoras do certame de curtametraxes que se está a celebrar na parroquia de Cans.

En representación da Consellería, o director da Agadic, Jacobo Sutil, acompañou o equipo de Somos xente honrada nesta primeira exhibición da fita en Galicia, tras a súa participación o pasado mes de abril no Festival de Málaga. Ademais de Alejandro Marzoa, director que xa foi premiado en Cans polas súas curtametraxes, asistiron a esta estrea os actores Unax Ugalde e Miguel de Lira, protagonistas do filme xunto a Paco Tous e a Manuela Vellés. No reparto figuran tamén os galegos Manuel Lozano, Antonio Durán “Morris”, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Luisa Merelas e Ricardo de Barreiro.

Desfile de chimpíns

A proxección da opera prima deste realizador vigués, que aborda a situación que se xera cando dous pais de familia en paro atopan por casualidade un paquete de 10 quilos de cocaína, estará precedida do xa tradicional desfile de chimpíns cos equipos artístico e técnico, amenizado por Os Lajaretas.

Este acto de apertura celebrouse dentro da segunda xornada de actividade da décima edición de Cans, que esta tarde ofreceu tamén a proxección de O Apóstolo, película de animación dirixida por Fernando Cortizo e producida tamén co apoio da Xunta de Galicia, entre outras entidades colaboradoras. Durante a sesión pasáronse, ademais, imaxes inéditas da rodaxe desta fita de intriga e terror, que foi unha das grandes vencedores na pasada edición dos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego, ademais de ser candidata ao mellor filme de animación nos Premios Goya e no Festival Internacional de Cine Fantástico de Sitges.

Coloquio

Tras o pase, os asistentes tiveron a oportunidade de participar nun coloquio con Fernando Cortizo e coa actriz Isabel Blanco, que achegaron a Cans material de traballo e as figuras protagonistas de O Apóstolo para explicar o seu funcionamento e as especiais características da súa realización como primeira película europea de animación en stop motion desenvolvida en 3D estereoscópico.

Cans continuará coa súa programación ata o sábado día 25, día grande do certame durante o que se proxectarán as 21 curtametraxes a concurso e para o que se esgotaron rapidamente as primeiras entradas á venda. Serán, en total, catro días de actividade cun centenar de proxeccións, imaxes inéditas, xéneros novos e máis de 20 actuacións musicais. Para a celebración do seu décimo aniversario, o festival conta, ademais, coa presenza de profesionais e artistas convidados que participaron nalgúns dos grandes momentos da súa historia, como Wyoming, Jorge Ilegal, Víctor Coyote, Juanma Bajo Ulloa, Manuel Manquiña, Tony e Elio dos Santos e Silvia Superstar.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-05-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES