Neste traballo que recibiu as felicitacións do Comité Científico do
Congreso, as enfermeiras elaboraron os plans de coidados de enfermaría aplicados o coidaro principal , que presenta unha sobrecarga polos coidados que este da o paciente.
As enfermeiras que elaboraron o traballo científico son: Sara Carballido Prieto, Lourdes Bermello López, Mª Nazaret Gómez González,, Mª Rosario Marín Arnés, Laura Iglesias Morejón, E. Rodríguez Ascaríz.
Na exposición presentaron un caso clínico dunha paciente afectada de Guillain Barre co seu correspondente plan de coidados enfermeiros aplicados o coidador principal, rematando cunhas reflexións xerais e unhas conclusións para a enfermaría.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.