
Ducias de alumnos da Escola de Imaxe e Son (EIS) e de profesionais da comunicación participan no curso formativo Dereito no Audiovisual, organizado pola Fundación TICen colaboración co Colexio de Xornalistas.As xornadasprolongaranse ata o vindeiro día 22 de maio, en sesións que se prolongarán desde as 17:00 a 20:00 horas, na sede da EIS. O principal obxectivo das xornadas é dar a coñecer en profundidade o contido do aparato legal que rexe tanto no eido audiovisual coma no ámbito de estudos dos alumnos da Escola e dos xornalistasen exercicio da nosa provincia.
O curso arrincou hoxe coa sesión ofrecida por Mar Fernández Romero, avogada en exercicio especializada en Dereito Constitucional. Durante a mesma, Fernández asegurou que é vital que os profesionais en activoe os estudantes saiban cales son os dereitos e os límites a ter en conta no exercicio da súa profesión.A letradafixo unha achega ó dereito á honra, intimidade e imaxe nos medios de comunicación, así como ós limites e liberdades destes dereitos. Os dereitos de autor e propiedade intelectual, o rexistro de obras ou as posibles infraccións foron outros temas que abordou na sesión e que tiveron especial interese para os alumnos da EIS.
Novamente en horario de 17:00 a 20:00 horas, Montse Trillo, docente especializada e avogada en exercicio, abordará os contratos de produción, distribución e licencias de emisión. Oréxime xurídico das televisións e radios de carácter público e a regulación da publicidade nos mediosserán outros dos temas que analizará na sesión.
A última sesión, o día 22, correrá a cargo de Xabier Alonso, profesor convidado na Universidade Autónoma de Madrid para impartir o Máster sobre Propiedade Iintelectual, creador e director do proxecto Illa do Pensamento e consultor e produtor de eventos culturais. Na súa intervención, Alonso centrarase na posición xurídica do organizador de espectáculos: os contratos precisos, cláusulas chave, contratos de artistas e músicos e posibles puntos de colisión ou as singularidades da contratación de espectáculos polas administracións públicas.
Actividades complementarias
O curso Dereito no Audiovisual enmárcase no plan de formación complementaria que a Fundación TIC oferta ó seu alumnado e ós seus traballadores. Entre elas, figuran a asistencia a empresas do sector audiovisual, festivais de cine ou teatro, e todos aqueles acontecementos que, segundo o Departamento de Formación da Fundación TIC, axuden a completar a formación do alumnado, dos técnicos e dos docentes, como asistencia a rodaxes ou master classes de recoñecidos profesionais do mundo audiovisual.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.