Notas de prensa

10º aniversario do grupo Mutenrohi + Lume prepara novo traballo

O grupo Mutenrohi celebra dez anos de existencia, en tanto que o grupo Lume traballa no seu novo Cd.

NotaO grupo Mutenrohi está en fase de grabación do que será o seu sexto traballo discográfico. Este traballo será un disco recopilatorio que conterá entre 18 e 20 temas da discografía da banda. 10 deles son temas regrabados, 5 en estudio e 5 en directo. Os temas en directo se grabarán no mes de febreiro nun conocido local da capital ourensana. Ademáis de esto, o disco contará cun DVD onde aparecerá dita grabación en directo, así como unha serie de vídeos do grupo, un archivo histórico e unha galería de fotografías. O CD estará á venta no mes de Marzo-Abril de 2005.

NotaLume prepara un novo traballo. O grupo revelación do 2004 co seu disco debut Grandes éxitos, está a preparar o segundo volumen do mesmo, que publicará no mes de Abril-Maio de 2005.

Zouma Records, 2005-01-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (carlos-nunez-2025.jpg) Os Concertos do Xacobeo achegan a arte de Carlos Núñez, considerado como un dos mellores gaiteiros do mundo, ás Ermidas coa súa nova e singular xira 'Lugares Máxicos 2025'. O artista actuará no marco incomparable do Adro do Santuario da localidade ourensá o xoves, 17 de xullo, contra ás 20,00 horas. Os Concertos do Xacobeo danlle tamén cobertura a outras oito citas do músico este verán noutros escenarios únicos como Baiona, Ribadeo, Vilanova de Arousa, Salvaterra de Miño, Boqueixón, Marín, Sober e Sobrado.
Foto de la tercera plana (enfermidades-raras.jpg) O Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Enfermidades Raras 2025-2030 na que se van investir 400 millóns de euros e que vai reforzar os servizos de rehabilitación e ampliar o cribado neonatal. O obxectivo é desenvolver un conxunto de actuacións que teñen por obxectivo mellorar a calidade de vida destes pacientes que sofren este tipo de doenzas durante os próximos cinco anos. Unha das principais novidades será a avaliación de resultados en saúde para medir a calidade de vida, as funcionalidades recuperadas, a autonomía ou a redución da dor e dos síntomas, con cada un dos tratamentos.

Notas

No contexto do Ano Castelao 2025, o proxecto expositivo 'Traxes e cores de Galiza. A identidade nacional na plástica de Castelao' que dende este luns e ata o 30 de agosto se pode visitar no Colexio de Fonseca propón amosar a rica e importante presenza da indumentaria tradicional na obra pictórica e gráfica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Conectar os sectores agrícola e espacial, promovendo o uso de tecnoloxías do ámbito espacial en zonas rurais como ferramentas para a innovación e a resiliencia fronte ao cambio climático é o obxectivo do proxecto europeo AgroSpace, no que participan 12 entidades, entre elas a UVigo, coordinadas polo catedrático Jesús Simal Gándara.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES