Notas de prensa

Cultura amplía a vixencia dos libros de texto a 6 anos

A Xunta pretende apoiar a política social con medidas de apoio ás economías familiares, e neste senso decide ampliar a 6 anos a vixencia dos libros de texto e materiais curriculares dos escolares galegos.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ampliará de 4 a 6 anos a vixencia dos libros de texto e materiais curriculares, unha medida de apoio ás economías familiares no difícil contexto actual. Desta forma o departamento educativo da Xunta de Galicia dá pulo á política social que mantén respecto da adquisición por parte das familias dos manuais escolares, fundamentada nas bases do programa de ‘Gratuidade Solidaria’, o que ofrece ás nais e pais unha das axudas máis altas de todo o Estado para a compra destes materiais. O período de vixencia de seis cursos académicos será de aplicación a partir do vindeiro curso 2013/2014, procurando adiar o cambio de libros ata a aprobación da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), que podería introducir modificacións nos currículos.

A permanencia dos mesmos libros de texto no centro durante unha etapa prudencial contribúe a permitir o uso por distintos membros da familia. Así mesmo, favorécese a transmisión ao alumnado, dende as primeiras etapas da súa formación, da cultura xeral do uso racional e sostible, dos recursos, facéndoo dende un ámbito tan determinante para o seu desenvolvemento futuro como é o educativo, beneficiando directamente ao alumnado e familias en xeral.

A substitución no citado período só poderá realizarse motivadamente atendendo a circunstancias excepcionais ou de carácter pedagóxico ou científico que o aconsellen e así se estableza pola Consellería.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-05-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES