O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, avanzou en Vigo que a Xunta de Galicia aprobará proximamente o decreto de aplicación da ecoetiqueta, co que se garantirá que os servizos e os produtos de Galicia cumpren uns criterios ambientais selectivos, transparentes e esixentes.
Hernández fixo este anuncio durante a súa intervención no IV Congreso Galego de Medio Ambiente e Saúde, onde indicou que o novo decreto autonómico para a aplicación da ecoetiqueta permitirá adaptarse á lexislación europea e estatal e establecer o procedemento a seguir por aquelas empresas que desexen acollerse a este sistema de certificación ambiental.
Manifestou que o decreto contribúe a outorgar un maior protagonismo á ecoetiqueta nos procesos de contratación pública, xa que aquelas empresas que presenten este certificado terán un valor engadido e estimularase, mediante un efecto arrastre, o reverdecemento do mercado.
Neste senso, facilita a elección aos consumidores e usuarios que desexan reducir os efectos ambientais adversos e contribuír así a unha utilización eficaz dos recursos. A modo de exemplo, citou produtos, como os téxtiles, ou servizos, como os turísticos, que efectivamente poden ter maior ou menor impacto sobre o medio ambiente.
O conselleiro tamén destacou que, para facilitar o cumprimento da normativa, é importante tamén simplificala na medida do posible. Dende a Xunta apóstase por camiñar na liña do que fai o anteproxecto de Lei de Avaliación de Impacto Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente dada a coñecer recentemente e que axilizará os trámites para os promotores dos proxectos que precisen deste requirimento ambiental.
Recoñeceu que o labor de control e inspección ambiental é responsabilidade das administracións e dende a autonómica cóntase co Laboratorio de Medio Ambiente que garante os parámetros de calidade da auga, do aire ou o ruído, aspectos todos que afectan directamente á saúde.
Un dereito a protexer
O conselleiro incidiu en que o medio ambiente é un factor básico para a saúde e o benestar xeral da cidadanía. Engadiu que non se trata dun luxo, senón dun dereito a protexer; polo tanto entre todos debemos facer todo o posible para que a actividade humana non dane o medio ambiente, declarou.
Sinalou que a boa saúde do medio repercute directamente no benestar, por iso as administracións públicas deben asumir a planificación dos residuos, da xestión da auga ou do territorio con rigor e realismo, pero sobre todo coa sostibilidade ambiental como condición imprescindible.
Por último, engadiu que son moitas as accións que se poden levar a cabo para promover a sostibilidade ambiental, xa sexa a nivel individual ou colectivo, e apostou pola economía e o emprego verde como o mellor xeito para mellorar a competitividade e a internacionalización da Comunidade. Para darlle un pulo a este obxectivo, estase a ultimar unha convocatoria das subvencións para melloras ambientais destinadas a pemes (pequenas e medianas empresas) e entidades sen ánimo de lucro, que suporá 3,6 millóns de euros en axudas.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.