Notas de prensa

A IV Gala Lvcvs Moda, a creatividade frente a crise

A Gala Lvcvs Moda 2013 fomentará a moda e do deseño lucense con fins benéficos, xa que a recaudación do evento destinarase ó Fogar do Transeúnte. 5 deseñadores, 14 firmas de artesanía, 7 peluquerías e 18 colaboradores participan nesta gala que se celebrará no MIHL.

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín; a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e Luis Areñas, Ramón Ãlvarez e Ludi Quintás, en nome de deseñadores, artesáns e peluqueiros, respectivamente, presentaron hoxe a Gala Lvcvs Moda 2013. Acompañados por todos os profesionais da moda e do deseño organizadores desta cita, coa que colaboran a Deputación de Lugo e o Concello, a presentación tivo lugar nos exteriores do Museo Interactivo de Historia de Lugo-MIHL, que será precisamente o escenario onde se desenvolverá este evento.

O día 8 de maio, ás 21:00 horas, no espectacular MIHL, os lucenses teñen unha cita coa creatividade lucense, neste acontecemento benéfico que atraerá a atención dos medios e cuxa recadación destinarase integramente ó Fogar do Transeúnte da capital luguesa. As entradas poderanse mercar nos establecementos dos deseñadores e peluquerías participantes ó mesmo prezo que en anos anteriores, 20 euros. Coa súa entrada, todos os asistentes recibirán un pequeno catálogo no que poderán atopar toda a información necesaria para adquirir calquera deseño das coleccións presentes.

Impulso económico para o sector

Esta Gala Lvcvs Moda, ademais do seu carácter benéfico, volve ó calendario da provincia movido polo interese dos propios creadores en organizar unha pasarela na que mostrar as súas creacións nos eidos da moda, da artesanía e da peluquería, porque este evento ten xogado un papel destacado en anos anteriores coma xerador de riqueza e creador de postos de traballo. Tal e como subliñou Polín, “a imaxinación, a posta en valor da creatividade da xente de Lugo, é unha oportunidade económica de primeiro nivel”.
De feito, tanto Luis Areñas, Ludi Quintás e Ramón Ãlvarez coincidiron en destacar a importancia da colaboración prestada polos organizadores da Gala e trasladar o seu agradecemento a Deputación e Concello polo esforzo posto en axudar a que “se vexa que, malia o momento de crise, o comercio de Lugo está vivo”

Pola súa banda, Carmen Basadre, destacou o feito de que este evento se celebre nas instalacións do MIHL, que a pesares de estar pensado para outros usos, “esta pode ser unha boa alternativa para dar a coñecer este Museo”.

Moda, artesanía e peluquería

Nesta ocasión estarán presentes cinco deseñadores: Inpe-Abrigo Verde, Luis Areñas para Manuel López, Montse Arias, René Velasco e Tina Cortón amosarán as súas últimas creacións sobre a pasarela. Tamén participarán 14 destacadas firmas de artesanía da provincia: Cecilia Carballo, Cesteríaviva, Corazóns Artesáns, En lá, Jara Rodríguez, M&N, Obradoiro, Otero y Fieiras, Paula Dimé, Ramón Ãlvarez, Rappa Taller, Sra. María, Vidal Revilla e Yanllan, que presentarán os seus traballos de xoiería, cestaría, téxtil, coiro e outros complementos de vestir.

Os asistentes á Gala deste ano terán a oportunidade de ver por primeira vez un show de peluquería, no que os espectaculares peiteados deixarán de ser parte do estilismo para converterse no centro de atención do seu particular desfile. Os creadores serán sete profesionais da imaxe: Aluma, Attelier, Eduardo Souto, Gala Group, Miriam Souto, Mohama e Pardo Peluqueros.

Ó igual que en anteriores edicións, foron moitos os negocios lucenses que quixeron colaborar con este evento. Nesta ocasión Adamascada Asesor de Imagen, Area, Arte Floral Rabel, Cuplé, Dick&Paul, Joyería Senén, Messalina, Modesto Santa Eularia, Porta Castelli, Ramón Rebolo, Rochas, Torques, Zapaterías Cortés, IES Muralla Romana, Mesón de Alberto, Restaurante Koki García, Cuqui Bakes e Briopack prestarán o seu apoio á Gala.

Os que non teñan a oportunidade de ver este gala en vivo poderán facelo nas súas casas, posto que novamente serán moitas as canles de televisión que emitirá o sinal ofrecido polos alumnos de Produción e Realización da Fundación TIC, que deixarán constancia coas súas cámaras de todo o que aconteza esa noite dentro de Museo Interactivo de Historia de Lugo.

PUNTOS DE VENDA DE ENTRADAS:

Luis Areñas para Manuela López
Galerías Praza Maior/ Campo Castelo, 10. Local 5. Lugo
982 221 102
Montse Arias
Rúa San Froilán, 44
Lugo
982 241 820
Inpe-Abrigo Verde
Praza Santo Domingo, 24
Lugo
982 255 865
Tina Cortón
R/Xoán Montes, 3 1º D
982 251 986
René Velasco
Praza da Soidade, 1- baixo A
982 240 590
Aluma
Praza Campo Castelo, 2
Lugo.
982 229 261
Avda. Afonso X O Sabio, 3
Lugo
982.244.694
Avda.da Coruña, 424
Lugo.
982.219.988
Praza de Ferrol, 1
Lugo
982.240.661
R/Benigno Quiroga, 1
Sarria- Lugo
982.533.533
R/Fraga Bello, 6
Vilalba- Lugo
982.512.388
Hospital Lucus Augusti - 1ª Pranta.
982.251.315
Atelier
R/ Concepción Arenal, 18
Lugo
982 227 854
Eduardo Souto
R/Alexandre Bóveda, 16
Lugo
Galagroup
Ronda da Muralla, 97
982 255 705
Mohama
Praza do Rei, 17, baixo
Lugo
982 808 227
Pardo Peluqueros
R/ Vilalba, 4- baixo
982 242 702

Máis información, na web da Deputación www.deputacionlugo.org

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2013-04-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio_ambiente.jpg) Os sistemas de almacenamento enerxético resultan fundamentais para dar estabilidade ao sistema, tanto desde o punto de vista técnico como económico, grazas a súa contribución á resiliencia da rede e na redución das oscilacións dos prezos da factura eléctrica. Na actualidade Galicia conta con 46 expedientes de baterías en tramitación, que suman 492,75 MW, aos que hai que engadirlle outros 3 expedientes (17,75 MW) xa autorizados.
Foto de la tercera plana (comercio-2.jpg) Foi presentada a nova edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego, froito da colaboración entre o Executivo autonómico e a Federación Galega de Comercio, que se desenvolverá entre o 10 e o 30 de abril de 2026. Esta iniciativa ten como obxectivo incentivar e dinamizar o comercio de proximidade. Para iso, sortearanse 20.000 euros en premios entre as persoas consumidoras que realicen compras nos establecementos adheridos durante o período da campaña.

Notas

GaliciaDigital consólidase como o referente tecnolóxico para a pequena empresa en Galicia tras alcanzar os 139 beneficiarios no programa Kit Digital, segundo datos do propio programa a 31 de decembro de 2025. A día de hoxe, está preto dos 170 beneficiarios. Cun traxecto de 1.166 días de actividade, a firma lucense destaca pola súa eficiencia e proximidade no ecosistema dixital galego.
Pontes – Semana do Cinema Galego e Portugués abre o prazo de inscrición para a súa sexta edición, que se celebrará en Vigo durante o mes de outubro de 2026. A convocatoria, está dirixida a curtametraxes e longametraxes producidos en Galicia, por creadores galegos ou creadores de calquera dos países da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES