Notas de prensa

Santiago Vázquez presenta en Madrid o libro La felicidad en el trabajo... y en la vida

O coruñés especialista en liderado e coaching, Santiago Vázquez, presentou na Casa de Galicia en Madrid o libro "La felicidad en el trabajo... y en la vida" no que reivindica dende unha dimensión práctica como afrontar e adaptarse aos cambios e os novos retos.

Máis dun centenar de persoas acudiron á delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia, á presentación do libro "La Felicidad en el trabajo... y en la vida" do sociólogo, economista e licenciado en Ciencias Políticas Santiago Vázquez Blanco, publicado por Actualia Editorial. No acto, que presidiu José Manuel Romay Beccaría, presidente do Consello de Estado, interviñeron o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega López; a editora, Cristina Seco López; o exdirector xeral de Recursos de Unión Fenosa, José María Vázquez-Pena e o propio autor, Santiago Vázquez Blanco.
Ónega comentou que a felicidade é unha constante busca na vida do home e citou varios autores que definiron este aspecto, entre eles Oscar Wilde cando dicía que "coa liberdade, as flores, os libros e a lúa, ¿quén non sería completamente feliz? ". O delegado pasou a palabra á editora, Cristina Seco que destacou a capacidade do autor que "soubo transmitir o seu saber á obra".

José María Vázquez-Pena, que foi director de Recursos Humanos en Fenosa durante máis de tres décadas, fixo unha clara síntese do libro e explicou que "non estamos nunha época de cambios; é o cambio dunha época", e polo tanto require tamén un cambio de mentalidade. O libro consta de catro partes perfectamente diferenciadas. Na primeira, cuxo título son "eu comigo", fala da necesidade de coñecerse antes de iniciar calquera viaxe. As habilidades e os talentos. Neste sentido referiu a anécdota de que os pais poñen un profesor de matemáticas ao fillo cando ten dificultades pero raramente o fan na materia que destaca e é brillante.

O segundo apartado, "eu, contigo", para coñecer os demais "como seres sociais que somos". É preciso analizar "cómo pensan, que senten, como poñerse no seu lugar, -empatía-, e mellorar esas relacións". Aquí hai unha palabra clave, gratitude. “Agradecer ao que axuda, expresalo e ver todo con bos ollos". No terceiro capítulo, o libro, tal como explicou Vázquez-Pena, "o mundo non é dos duros nin dos brandos; é dos flexibles". É preciso saber ler, intuír e situarse. Se hai vinte persoas e non estamos de acordo, non é lóxico que os 19 restantes sexan os equivocados. E o cuarto epígrafe, "eu feliz", contén "consellos, receitas e liñas de actuación para as empresas e as persoas".

Para Romay Beccaría, trátase dun libro "moi ameno, doado de ler e moi próximo". Destacou a necesidade de coidar o corpo, durmir e rir, algo no que incide a medicina preventiva. Tamén separar o importante do que non o é e incidir no bo. Neste sentido, España é líder en doazón de órganos, "o cal di moito bo do país".

Pola súa banda, o autor que é especialista en liderado e coaching falou da importancia dos modelos de referencia. "Eu tiven moita sorte, porque dos meus primeiros modelos de referencia, os meus pais, aprendín o rigor e a capacidade de adaptación. Eles emigraron, que é unha forma de buscar a felicidade noutro lugar e nunca se queixaron malia as dificultades que viviron". En 1990, incorporouse profesionalmente a Fenosa, que lle deu a oportunidade de traballar en diferentes países e onde o seu modelo de referencia foi o seu primeiro xefe, Vázquez-Pena. A súa experiencia foi vital para que en 2003 participara na creación da súa actual empresa, na que segundo explicou, aplican os criterios de felicidade que sinala o libro.

Rosa Figueroa (Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia), 2013-04-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES