O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e o concelleiro de Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero, recibiron no despacho da Alcaldía ao delegado xeral da Asociación Europea de Cidades Histórico Termais, Michael Thomas Pennette.
O Concello de Ourense forma parte do proxecto Fontes de Cultura: os cafés de Europa, proxecto de cooperación transnacional, coordinado pola Ruta de Vilas Termais do Macizo Central (Francia) e que engloba a todas aquelas cidades membro da EHTTA.
O proxecto foi seleccionado entre 476 solicitudes presentadas á convocatoria do programa europeo CULTURE 2007-2013, salientando a calidade do proxecto como elemento revitalizador e dinamizador urbano e estratexia cultural de desenvolvemento proactivo.
O proxecto, denominado SOURCE formalmente, quere celebrar as orixes dunha cultura termal común a toda Europa, compartida por aquelas cidades cuxos recursos termais son a principal causa da súa existencia e que recrean a efervescencia creativa e o diálogo daqueles Cafés de Europa (nome co que foi bautizada a cidade belga Spa, no século XVIII cando os intelectuais europeos discutían, entre as augas, os asuntos de actualidade) reinventándoos agora na era das Novas Tecnoloxías da Información.
Así mesmo, o proxecto quere contribuír a divulgar e dar a coñecer a existencia da EHTTA, das súas cidades membro e, por riba de todo, do Itinerario Cultural Europeo do que forman parte. Neste senso, un dos obxectivos é ampliar o número de socios con presenza nos distintos países de Europa.
Na primeira fase do proxecto levaranse a cabo unha serie de conferencias e debates en diferentes cidades termais de Europa. O Café en Ourense, celebrarase no mes de setembro baixo o título Fontes espirituais, mananciais termais e a peregrinaxe hacia a espiritualidade, centrado en examinar as conexións entre as peregrinaxes, pola importancia tradicional do Camiño de Santiago, e a vertente creativa do mundo termal.
O proxecto comprende 3 fases, a primeira, xa comentada, son os Cafés de Europa que será implementada por unha segunda fase Fontes de inspiración e creación onde as vilas e cidades termais participantes, porán en común as súas actividades e festividades socioculturais que potencian o turismo; e finaliza cunha 3ª fase Centro de recursos Europeo sobre o patrimonio termal, que porá a disposición dos cidadáns un amplio fondo de documentación e consulta, en soporte físico e dixital, para achegar o mundo termal a veciños e veciñas.
Fontes de inspiración e creación
O proxecto, avalado pola Comisión Europea, conta cunha segunda fase de implementación, na que se levará a cabo a posta en común entre as vilas e cidades termais daqueles eventos culturais, lúdicos e artísticos, que contribúen a que as cidades nas que se celebran, vexan potenciada a súa relevancia e afluencia turística.
Esta fase recibe a nome, Festivents é, en primeiro lugar, un directorio online desta oferta cultural, localizado nunha plataforma dixital especialmente deseñada para este fin. A información alí depositada será filtrada por Michael Thomas-Penette, quen se encargará de darlle forma de relato, un fío conductor que vincule os lugares, os movementos artísticos, a historia europea das artes, o desenvolvemento dunha cultura termal, etc, calquera temática ou historia que poida ser relacionada dalgún xeito coas cidades participantes.
O curador será quen interprete e describa e busque conexións cos diferentes públicos e xeitos de presentación da información que sexa algo máis que unha simple lista ou folleto, aportando ademais un importante valor engadido europeo.
Os visitantes da plataforma terán a oportunidade de realizar unha viaxe por cidades e vilas que nunca imaxinou que puideran estar conectadas, descubrindo a cada paso algo máis sobre as tradicións europeas e os diferentes movementos artísticos. Un resumo de todos estes eventos publicarase cada mes de marzo coincidindo co día Celebrando as Fontes no mes de marzo, o día 22, Día Internacional da Auga, no que tamén terá lugar un día de balnearios abertos, similar ás Xornadas Abertas de Patrimonio Europeo, que servirá de reclamo a visitantes e veciños e veciñas para descubrir as augas termais.
A elaboración de novelas sobre estes temas e diarios ilustrados e creativos e a publicación do catálogo Festivents que resume as actividades festivas, lúdicas e culturais europeas, completan esta fase.
O Centro de Recursos Europeo sobre Patrimonio termal, mediateca sobre recursos termais
A terceira e última fase deste proxecto, comeza na vila de Vichy en Francia, que conta cunha mediateca sobre recursos termais que actualmente está en fase de ampliación, aspirando a convertirse no centro europeo de documentación do patrimonio termal, centralizando documentación, iconografía, adquisición de documentos, bibliografía e un website onde se atope dispoñible toda a documentación.
Dende Francia, recopilarán información de todas aquelas vilas e cidades que participan no proxecto xerando un completo fondo de documentación do que se poderá dispoñer dende calquera parte, estando dispoñible a través de internet, empregando as tecnoloxías da información para achegarse aos cidadáns.
A Ruta de Vilas Termais do Macizo Central será a encargada de coordinar o proxecto, que se desenvolverá entre maio de 2013 e maio de 2015. Os 10 coorganizadores son:
A EHTTA - Asociación Europea de Cidades Históricas e Termais
A cidade de Bath (UK)
A cidade de Acqui Termi (Italia)
A cidade de Fiuggi (Italia)
O Centro das Artes de Enghien-les-Bains (Francia)
A Mediateca Valery-Larbaud en Vichy (Francia)
A Oficina de Turismo de Royat-Chamaliéres, en colaboración coa asociación Il Faut Aller Voir, organizadores do festival Rendez Vous de postais de viaxe en Clermont-Ferrand, Francia.
A Oficina de Turismo de Spa (Bélxica)
A cidade de Ourense
A cidade de Baden Baden (Alemaña)
Tamén actúan como socias, todas aquelas cidades membros da EHTTA, a Asociación Italiana de Vilas Termais (ANCOT) e a Asociación Asterion (Asociación para a Creación dunha Fundación de Centros Culturais Europeos).
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.