Notas de prensa

Máis de 10.000 persoas xa se achegaron á exposición Cen anos da Biblioteca América 1904-2004

Esta mostra pechará as súas portas o 9 de xaneiro.

O Colexio de Fonseca acolle ata o 9 de xaneiro a exposición Cen anos da Biblioteca América 1904-2004 na que se poden contemplar obxectos e documentos relacionados coa historia deste acervo bibiliográfico depositado na USC, así coma obras e informacións varias sobre a súa historia ao longo dos seus cen anos de existencia e que a convertiu hoxe nun dos fondos especializados sobre América Latina máis destacados de España. Dende a súa inauguración a mediados do pasado mes de novembro, máis de 6.400 persoas visitaron a exposición e outras 3.600 as instalacións da Biblioteca América, ubicadas no propio Colexio de Fonseca.
Con esta exposición, ademais de conmemorar os cen anos da Biblioteca América da USC, preténdese render unha homenaxe ao que fora o seu impulsor e creado, Gumersindo Busto. Composta de elementos expositivos que na súa inmensa maioría pertencen ao propio patrimonio da Universidade así como ao arquivo persoal da familia Busto, a mostra fai un percorrido cronolóxico dos seus cen anos de existencia procurando ensinar non só o acervo bibliográfico senón tamén todo aquelo que completa a súa vertente museística.
No marco do rexeneracionismo hispanoamericanista de comezos do século XX Gumersindo Busto, galego afincado na Arxentina, concebira a creación dunha Universidade Hispanoamericana en Santiago de Compostela, da que finalmente só resultou a Biblioteca. En xullo de 1904 iniciou a campaña de recopilación de toda aquela obra de contido americano que puidese servir ás súas fins e, finalmente, o 26 de xullo de 1926 a Biblioteca América foi inaugurada na USC con preto de catorce mil volumes publicados dende o século XIX ata esa data. Dado o carácter enciclopédico co que se creara o acervo, nel atopábanse textos das máis variadas disciplinas científicas: historia, literatura, dereito, medicina, ciencias naturais...
Ademais, Busto fixo chegar coa Biblioteca, e dentro dun proxecto cultural máis amplo que denominou Biblioteca-Museo América, diferentes coleccións zoolóxicas, botánicas, numismáticas, fotográficas, musicais, de medallas, etc... representativas de cada un deses aspectos no continente americano. O fondo bibliográfico continuou medrando dende aquela e na actualidade xa se aproxima aos trinta mil volumes, moitos deles de gran valor científico e cultural pola súa calidade e antigüedade.

Gabinete de Comunicación USC, 2005-01-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (carlos-nunez-2025.jpg) Os Concertos do Xacobeo achegan a arte de Carlos Núñez, considerado como un dos mellores gaiteiros do mundo, ás Ermidas coa súa nova e singular xira 'Lugares Máxicos 2025'. O artista actuará no marco incomparable do Adro do Santuario da localidade ourensá o xoves, 17 de xullo, contra ás 20,00 horas. Os Concertos do Xacobeo danlle tamén cobertura a outras oito citas do músico este verán noutros escenarios únicos como Baiona, Ribadeo, Vilanova de Arousa, Salvaterra de Miño, Boqueixón, Marín, Sober e Sobrado.
Foto de la tercera plana (enfermidades-raras.jpg) O Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Enfermidades Raras 2025-2030 na que se van investir 400 millóns de euros e que vai reforzar os servizos de rehabilitación e ampliar o cribado neonatal. O obxectivo é desenvolver un conxunto de actuacións que teñen por obxectivo mellorar a calidade de vida destes pacientes que sofren este tipo de doenzas durante os próximos cinco anos. Unha das principais novidades será a avaliación de resultados en saúde para medir a calidade de vida, as funcionalidades recuperadas, a autonomía ou a redución da dor e dos síntomas, con cada un dos tratamentos.

Notas

No contexto do Ano Castelao 2025, o proxecto expositivo 'Traxes e cores de Galiza. A identidade nacional na plástica de Castelao' que dende este luns e ata o 30 de agosto se pode visitar no Colexio de Fonseca propón amosar a rica e importante presenza da indumentaria tradicional na obra pictórica e gráfica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Conectar os sectores agrícola e espacial, promovendo o uso de tecnoloxías do ámbito espacial en zonas rurais como ferramentas para a innovación e a resiliencia fronte ao cambio climático é o obxectivo do proxecto europeo AgroSpace, no que participan 12 entidades, entre elas a UVigo, coordinadas polo catedrático Jesús Simal Gándara.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES