O titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo delegado do Goberno en Galicia, Samuel J. Juárez, e o xefe provincial de Tráfico da Coruña e coordinador da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) en Galicia, Pedro José Pastor del Castillo, asinaron na cidade herculina o primeiro convenio de colaboración en virtude do cal a Administración autonómica e mais a DXT cooperarán na promoción do uso do idioma propio de Galicia grazas ao que, entre outras cousas, se poderán realizar en galego as probas teóricas para a obtención do carné de conducir. Tamén asistiron á sinatura a delegada da Xunta na provincia, Belén do Campo, e o xefe territorial da Consellería, Indalecio Cabana, entre outros.
Ao abeiro deste convenio, o Ministerio do Interior, por medio da DXT, e mais a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, colaborarán para desenvolver unha serie de accións encamiñadas á potenciación e á promoción do uso do idioma galego na actividade administrativa da DXT en Galicia, así como nos servizos que esta entidade lle presta á cidadanía no marco da Comunidade Autónoma galega.
No acto de sinatura, que tivo lugar na sede da Delegación do Goberno, tamén estiveron presentes o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán.
Probas teóricas de conducir en galego
A DGT contará co apoio da Administración autonómica para fomentar o uso do idioma nas súas relacións coa cidadanía, facilitaralles en lingua galega a realización das probas teóricas encamiñadas á obtención das autorizacións administrativas para conducir aos aspirantes que así llo soliciten e empregará o galego nas mensaxes emitidas a través dos paneis de mensaxe variable dependentes do Centro de Xestión do Tráfico do Noroeste.
Pola súa banda, o departamento dirixido polo conselleiro Vázquez Abad facilitaralle á DXT a tradución ao galego dos cuestionarios das probas teóricas para a obtención do pemiso e da licenza de condución de vehículos; supervisará e adaptará á normativa oficial vixente os cuestionarios xa traducidos; traducirá ao galego outros textos empregados na actividade administrativa da DXT e daralle a esta apoio e asesoramento técnico lingüístico e terminolóxico no desenvolvemento das actuacións contempladas no devandito convenio.
Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega
Este convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e o Ministerio do Interior, a prol da dinamización lingüística, contribúe á consecución dalgúns obxectivos xerais sinalados no Plan de Normalización da Lingua Galega, tales como garantir a posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe, conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso e dotar o idioma dos recursos lingüísticos e técnicos necesarios que o capaciten para vehicular a vida moderna.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.