Notas de prensa

O ano 2004 foi un dos máis secos dos últimos 20 anos. O dato está recollido no Resumo Meteorolóxico do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC

O ano 2004 destacou pola súa baixa pluviosidade (1.401,4 litros por metros cuadrado), sendo o máis seco en Compostela dende 1992, cando se recolleran tan só 4.7 litros menos, segundo datos do Resumo Meteorolóxico do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.

Así, o director do Observatorio da USC, José Ãngel Docobo, sinala que as precipitacións durante o ano 2004 situánse por debaixo da media dos últimos 20 anos (1.869,4 litros por metro cuadrado).
Segundo este informe, elaborado coas medicións obtidas de cotio na estación do Observatorio Astronómico da USC, un dos datos máis destacables é o feito de que agosto de 2004 resultou ser o segundo mes máis chuvioso do ano, con 255.1 litros/m2 de chuvia recollida. Neste senso, José Ãngel Docobo sinala que o mes de agosto contou con 5 días dos máis chuviosos do ano, o que representa un record histórico como tamén o é que febreiro tivera unha precipitación cativa de 14.9 litros/m2. Xaneiro, marzo, agosto e outubro foron os único meses nos que se rexistraron promedios de precipitacións superiores aos 100 litros/m2 mentres que, en contra da tendencia dos últimos anos, en novembro e decembro os rexistros pluviométricos foron moi baixos.
O número total de días nos que nalgún momento choveu ascende a 162, o que representa un 44.3 por cento do total, se ben en 19 deles a precipitación foi inapreciable (menos de 0.1 litros/m2). Tan só en 69 xornadas, choveu pola mañá, tarde e noite.
Temperaturas
Segundo se recolle no Resumo Meteorolóxico do ano 2004, a temperatura máxima do ano tivo lugar o 24 de xullo con 34º1, ás 16 horas, sendo a mínima de -2º2 o día 2 de marzo ás 8:30 horas. Neste senso, o día 27 de febreiro, único día do ano que nevou, rexistrouse a temperatura máxima máis baixa do ano situándose os termómetros en 7º8. Pola contra, os días 25 de xullo e 3 de agosto a temperatura non baixou dos 18º5.
Ao longo do ano houbo 13 días con temperaturas máximas superiores aos 30º (7 en xullo, 5 en xuño e 1 en maio) e noutros 44 entre 25º e 30º. Pola súa banda, as temperaturas mínimas, con rexistros por debaixo de cero, medíronse en 8 días (2 en xaneiro, 3 en febreiro, 2 en marzo e 1 en decembro).
Insolación
As 2.099 horas e cinco minutos de Sol medidas en 2004 representan un 47.8 por cento das posibles horas de insolación superando a media dos últimos anos (1.974 horas). Aínda que en 63 días o Sol non se deixou ver en Santiago, houbo 78 xornadas cunha insolación de entre 6 e 9 horas, e outros 107 días con máis de 9 horas de Sol.

Gabinete de Comunicación de la USC, 2005-01-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (carlos-nunez-2025.jpg) Os Concertos do Xacobeo achegan a arte de Carlos Núñez, considerado como un dos mellores gaiteiros do mundo, ás Ermidas coa súa nova e singular xira 'Lugares Máxicos 2025'. O artista actuará no marco incomparable do Adro do Santuario da localidade ourensá o xoves, 17 de xullo, contra ás 20,00 horas. Os Concertos do Xacobeo danlle tamén cobertura a outras oito citas do músico este verán noutros escenarios únicos como Baiona, Ribadeo, Vilanova de Arousa, Salvaterra de Miño, Boqueixón, Marín, Sober e Sobrado.
Foto de la tercera plana (enfermidades-raras.jpg) O Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Enfermidades Raras 2025-2030 na que se van investir 400 millóns de euros e que vai reforzar os servizos de rehabilitación e ampliar o cribado neonatal. O obxectivo é desenvolver un conxunto de actuacións que teñen por obxectivo mellorar a calidade de vida destes pacientes que sofren este tipo de doenzas durante os próximos cinco anos. Unha das principais novidades será a avaliación de resultados en saúde para medir a calidade de vida, as funcionalidades recuperadas, a autonomía ou a redución da dor e dos síntomas, con cada un dos tratamentos.

Notas

No contexto do Ano Castelao 2025, o proxecto expositivo 'Traxes e cores de Galiza. A identidade nacional na plástica de Castelao' que dende este luns e ata o 30 de agosto se pode visitar no Colexio de Fonseca propón amosar a rica e importante presenza da indumentaria tradicional na obra pictórica e gráfica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Conectar os sectores agrícola e espacial, promovendo o uso de tecnoloxías do ámbito espacial en zonas rurais como ferramentas para a innovación e a resiliencia fronte ao cambio climático é o obxectivo do proxecto europeo AgroSpace, no que participan 12 entidades, entre elas a UVigo, coordinadas polo catedrático Jesús Simal Gándara.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES