A XUNTA PROMOCIONA OS PRODUTOS GALEGOS DO AGRO E DO MAR NO SALÓN GOURMETS DE MADRID
O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, visitará hoxe a feira e asistirá á degustación de receitas das Indicacións Xeográficas Protexidas Ternera Gallega e Castaña de Galicia
Mañá o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, tamén apoiará coa súa presenza este evento
Deste xeito, a Consellería do Medio Rural e do Mar apoia ás 35 empresas galegas e aos 22 consellos reguladores de produtos da agroalimentación presentes neste certame
Santiago, 9 de abril de 2013.- A Xunta promociona os produtos galegos do agro e do mar na XXVII edición do Salón de Gourmets 2013 de Madrid, que se celebra dende onte e ata o 11 de abril no recinto feiral Juan Carlos I do IFEMA de Madrid e que está considerado como un dos eventos máis importantes de Europa de alimentos e bebidas de alta gama. Hoxe, o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, visita a feira que mañá tamén contará coa presenza do secretario xeral do Mar, Juan Maneiro. Ambos apoiarán ás 35 empresas galegas e aos 22 consellos reguladores de produtos da agroalimentación presentes neste certame.
Para potenciar e dar a coñecer a calidade dos produtos da pesca, da acuicultura e do agro de Galicia nesta feira de produtos de alta gama, tanto no mercado español como no europeo, o departamento que dirixe Rosa Quintana conta cun stand institucional de 504 metros cadrados no que se celebran diferentes degustacións e actividades de promoción.
O secretario xeral de Medio Rural e Montes, asistirá á degustación de receitas das Indicacións Xeográficas Protexidas Ternera Gallega e Castaña de Galicia, acompañadas por caldos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Ademais, o secretario xeral de Mar, Juan Maneiro, asistirá á mostra de receitas elaboradas con vieira das rías galegas e IXP Pataca de Galicia acompañadas de viños da D.O. Rías Baixas.
Durante todas as xornadas da feira no stand da Consellería hai programadas actividades de presentación e degustación dos produtos do agro e do mar galego. Os actos previstos para os vindeiros días no stand son os seguintes:
Martes, 9
10:45 h:
o Irmans de leite Queixo das D.O.P. de Galicia
12:00 h:
o A comida sá con alimentos ecolóxicos
o Degustación de produtos do CRAEGA
(Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia)
13:15:
o I.X.P. Tenreira Galega
o I.X.P. Castaña de Galicia
o Viños D.O. Ribeira sacra
16:45 h:
o Ouro Doce Presentación e degustación da I.X.P. Mel de Galicia
18:00 h:
o Castaña de de Miguel Arean e Hijos
o Adegas As Laxas
Mércores, 10
12:00 h:
o Curricán Conservas Tradicionais
o I.X.P. Pan de Cea
o Viños D.O. Monterrei
13:15 h:
o Vieira das Rías Galegas Porto de Cambados
o I.X.P. Pataca de Galicia
o Viños da D.O. Rías Baixas
16:45 h:
o Os únicos con espírito galego - Indicacións Xeográficas Augardentes e Licores tradicionais de Galicia
o I.X.P Tarta de Santiago
18:00 h:
o Obradoiro de Lamprea
o Viños da D.O. Monterrei
Xoves, 11
12:00 h:
o Peixe Espada de OR.PA.GU.
o Viños da D.O. Valdeorras
13:15 h:
o Presentación de Gosto Productores
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.