Notas de prensa

As universidades coñecen a folla de ruta para a avaliación do mapa de tituacións

Vicerreitores das tres universidades galegas reuníronse con membros da Secretaría Xeral de Universidades para planificar co tempo necesario o mapa de graos que existirán en Galicia a partir do curso 2015-16. As Universidades achegarán propostas de cambios dos actuais títulos de grao ata xuño.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou aos vicerreitores de Titulacións do Sistema Universitario de Galicia (SUG) a folla de ruta para a evolución do mapa de titulacións. O obxectivo é que a partires do curso 2015/2016 a USC, Uvigo e UDC conten cunha unha oferta de calidade, completa e racional, na que se eliminen as ineficiencias e que sexa altamente competitiva e atractiva para as alumnas e alumnos. Para iso, e no marco de diálogo coas universidades polo que a Consellería aposta, esta mañá reuniuse o grupo de traballo constituído para facer o seguimento dos títulos de grao universitario e establecer propostas para os posibles cambios do actual mapa de titulacións de grao, unha xuntanza na que se abordou o posible calendario de actuacións. O grupo está integrado polos devanditos vicerreitores, persoal da Secretaría Xeral de Universidades, e representantes da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Con esta folla de ruta a Consellería busca planificar co tempo necesario a evolución da oferta de graos universitarios en Galicia, abrindo un proceso no que as universidades terán que traballar no seu propio ámbito para elaborar as memorias dos novos títulos ou daqueles que teñan que sufrir algún tipo de cambio. Así, no marco do ambiente positivo no que se desenvolveu a reunión, as universidades comprometéronse a traballar para achegar propostas de cambios.

Etapas do proceso

A folla de ruta proposta pola Consellería establece tres etapas. A primeira delas abrangue ata o 15 de xuño deste ano, tempo no que as universidades recollerán suxestións para trasladarllas á Consellería, con información arredor das liñas de especialización de cada un dos sete campus, situación actual e perspectivas dos graos que non acadan a demanda mínima, graos que actualmente están duplicados no sistema universitario, e disposicións ao respecto contidas nos respectivos plans estratéxicos das universidades.

As universidades do SUG tamén deberán encher unha enquisa con apartados sobre alternativas e propostas de mellora dos títulos afectados optando, entre outras posibles vías, pola agrupación de titulacións nos primeiros cursos, fusións, reconversións a ensinanzas virtuais, conversión a títulos universitarios, o simultaneidade de titulacións.

Tras esta recollida de información, a segunda fase desenvolverase ata o 14 de novembro de 2013, e nela poranse en común as achegas da primeira etapa para acadar un consenso sobre a definición do novo mapa de titulacións. Nesta mesma etapa as universidades deberán aprobar nos seus órganos colexiados as liñas de especialización docente e investigadora de cada campus e desenvolver as accións necesarias para materializar os acordos interuniversitarios que se acaden no grupo de traballo.

Ademais, antes de comezar o último tramo determinaranse os criterios obxectivos para a concesión de novos títulos de grao e o procedemento de elaboración das memorias de acordo cos requisitos que establece o decreto de titulacións, tanto para modificacións como para novos títulos.

A última fase do proceso estenderase ata o 14 de novembro de 2014, data no que deben presentarse diante da Secretaría Xeral de Universidades as propostas definitivas para o seu informe previo de envío a verificación. Esta é a data límite xa que é necesario o período de verificación para que poidan implantarse as propostas no curso 2015-16.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-04-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES