Notas de prensa

Promociónase o turismo galego en Francia e Portugal

Turismo de Galicia participa os días 6 e 7 de abril na feira Mundo Abreu, de Lisboa, un dos eventos turísticos máis importantes do país veciño no eido da comercialización turística, e tamén o fai no Salón Meedex de París.

Turismo de Galicia promociona o turismo galego nos mercados francés e portugués a través de eventos relacionados cos congresos, reunións e viaxes de incentivo; así como a través da comercialización directa de destinos.

Deste xeito, hoxe a oferta turística galega estará presente no Salón Meedex, en París ao obxecto de promocionar a oferta turística da comunidade relacionada cos congresos, as reunións de empresa e as viaxes de incentivo.

Durante estas xornadas, técnicos de Turismo manterán xuntanzas de traballo cos principais operadores turísticos franceses relacionados co turismo de reunións.

Comercialización directa en Lisboa

Por outra parte, coincidindo coa fin de semana, os días 6 e 7 de abril, Turismo de Galicia participará xunto á Oficina de Turismo de España en Lisboa no evento turístico Mundo Abreu, que se desenvolverá na capital portuguesa.

Abreu Viagens, a maiorista que a vindeira fin de semana organizará este evento, constituído como o acontecemento de venda turística anticipada máis importante de Portugal, é a principal operadora turística portuguesa.

Así, durante dous días, Abreu Viagens aluga un pavillón da Feira de Lisboa e traslada a 200 vendedores cos seus equipos de comercialización e presenta ofertas exclusivas para o público final.

Neste ámbito, Abreu ofrece espazo expositivo para os seus provedores principais, entre os que están as comunidades autónomas españolas, que terán a oportunidade de presentar os seus produtos turísticos.

Galicia, terá así a oportunidade de se promocionar turisticamente entre os 130.000 visitantes que se calcula terá este evento.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-04-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES