Notas de prensa

A Fundación TIC difundirá en directo a través da súa web o II Concurso Lucus Intercentros

Alumnos de 2º da EIS empregarán unha unidade móbil con cinco cámaras na transmisión por streaming, que permitirá ós estudantes dos centros participantes seguir en tempo real o evento desde as aulas.

A Fundación TIC, dependente da Deputación, difundirá en directo a través da súa web, www.fundaciontic.org, o II Concurso Lucus Intercentros que organizan este venres os estudantes do ciclo Superior de Secretariado do IES Muralla Romana de Lugo. Os alumnos de 2º de Realización e Produción da EIS, baixo a supervisión de docentes e técnicos auxiliares docentes, empregarán unha unidade móbil con cinco cámaras e todo o material necesario para a transmisión do evento en tempo real grazas ó sistema streaming.

Deste xeito, todos os interesados poderán ver en directo o concurso a través de calquera dispositivo móbil. Ademais, os alumnos e profesores dos oito institutos participantes poderán seguir a evolución da competición desde as aulas. Por outra banda, os estudantes da EIS editarán un DVD que se entregará ós centros educativos para divulgar esta actividade.

Concurso para interrelacionarse

O II Concurso Lucus Intercentros, que comezará ás 10:30 horas no salón de actos do IES Muralla Romana, forma parte das actividades incluídas nas X Xornadas de Interrelación Curricular que teñen como obxectivo poñer en contacto ós alumnos e docentes dos oito institutos de educación secundaria públicos da capital. Ademais da TIC, colaboran a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón e o CIFP Politécnico de Lugo.

O concurso desenvolverase ó longo da mañá do venres en oito fases eliminatorias. Cada centro presenta un equipo formado por 3 alumnos de primeiro de bacharelato, que se someterán ás preguntas de cultura xeral elaboradas polos profesores dos distintos departamentos do Muralla Romana. O certame seguirá un formato dixital para recibir e dar resposta ás preguntas a través de ordenadores.

O evento rematará coa entrega de premios ós estudantes que amosen un maior nivel de coñecemento. O equipo vencedor recibirá unha tablet de 8 Gb para cada un dos seus membros; unha tablet de 4 Gb para os da segunda posición; unha memoria USB de 32 G para os terceiros; unha memoria USB de 16 G para os cuartos, e unha memoria de 8 G para cada un dos membros dos outros equipos participantes.

Intercambio educativo

A colaboración entre a Fundación TIC e o IES Muralla Romana xurde ó abeiro dun convenio entre ambas entidades, que ten como finalidade promover as ensinanzas que se imparten no instituto lugués, ó tempo que os estudantes do único centro da provincia que imparte formación profesional do eido audiovisual completan a súa formación.

A estreita relación intensificouse nos dous últimos anos con iniciativas como a colaboración neste concurso ou a realización de prácticas de perruquería e maquillaxe por parte dos alumnos do instituto en programas feitos por alumnos da Escola de Imaxe e Son.


Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2013-04-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES