A Consellería de Traballo e Benestar vén de convocar unha nova edición do programa Benestar en balnearios co que se pretende contribuír ao mantemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de descanso, convivencia e tratamento termal, ocupando o seu tempo libre dun xeito activo e positivo.
Nesta ocasión convócanse 603 prazas repartidas por toda Galicia. En concreto, nos balnearios de Acuña en Caldas de Reis (Pontevedra), Arnoia en Ourense, Augas Santas en Ferreira de Pantón (Lugo), Baños de Brea en Vila de Cruces (Pontevedra), Baños de Molgas en Ourense, Caldelas de Tui en Tui (Pontevedra), O Carballiño (Ourense), Carballo, (A Coruña), Cuntis (Pontevedra), Laias en Cenlle (Ourense), Lobios (Ourense), Río Pambre en Palas de Rei (Lugo) e Termas Romanas de Lugo.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o próximo 12 de abril e os interesados xa poden acceder a información e ao modelo de solicitude na web da Consellería http://traballoebenestar.xunta.es.
Esta iniciativa, enmarcada no Plan Galego das persoas maiores 2010-2013, facilita ás persoas con menos recursos a posibilidade de disfrutar duns días de tratamento termal en balnearios emprazados en Galicia. A duración da estadía é de dez días (nove noites).
O custe, logo da subvención da Xunta, oscila entre os 370 e 390 euros os dez días e inclúe a estadía en habitacións compartidas, en réxime de pensión completa en balnearios, hoteis ou residencias; tratamento termal, segundo prescrición facultativa; e actividades de animación sociocutural.
Para participar nesta iniciativa é necesario ter máis de 65 anos ou 60 reunindo a condición de pensionista, residir en Galicia, valerse por si mesmo, non padecer enfermidades infecto-contaxiosas nin trastornos mentais ou condutuais.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.