Notas de prensa

Preséntase a Semana Santa de Santiago de Compostela na Casa de Galicia en Madrid

Algúns dos atractivos da cidade durante a Semana Santa xirarán en torno ás procesións -en Santiago hai 13 confrarías, algunhas do século XV- e actos litúrxicos que terán lugar na cidade como a primeira edición de Santiago Pasión.

A Casa de Galicia acolleu a presentación da Semana Santa de Santiago, un acto organizado por Turismo de Santiago en colaboración coas cofradias da cidade, cuxo obxectivo é incentivar o mercado nacional e propoñer Compostela como destino turístico nestas datas. Un pequeno documental con imaxes dos pasos e de diferentes actividades paralelas ilustrou o que o "viaxeiro pode encontrar" na capital galega.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega deu a benvida á concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis, e evocou con afecto a cidade da época universitaria "cidade eterna onde habita o Apóstolo".

Pola súa banda, Reyes Leis, tras os agradecementos, expuxo algúns dos atractivos da cidade durante a Semana Santa, que xirarán en torno ás procesións -en Santiago hai 13 confrarías, algunhas do século XV- e actos litúrxicos que terán lugar na cidade, pero tamén outras actividades que se celebrarán nesas datas e que darán unha maior dimensión á Semana Santa.

A oferta inclúe, tal e como explicou Leis, a celebración da primeira edición de "Santiago Pasión", organizada pola Asociación Hostalaría de Compostela coa colaboración de Turismo de Santiago do 22 ao 31 de marzo. Trátase dunha iniciativa na que participarán restaurantes da cidade que ofertarán menús temáticos a un prezo de 18 euros. Todos os clientes recibirán como agasallo un conxunto de publicacións gastronómicas.

Tamén terá lugar a VII edición do Festival de Músicas Contemplativas, no que se celebrarán 18 concertos entre o 21 e o 31 de marzo, en diferentes igrexas e no Auditorio de Galicia, aos que se suma un concerto de presentación, a cargo dos alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais, o 15 de marzo.

Gabinete de Comunicación da Casa de Galicia en Madrid, 2013-03-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES