
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou o traballo e o compromiso coa calidade amosados ao longo de anos dos tres establecementos lucenses que veñen de ser premiados na xornada de hoxe cos Platos de oro que concede a entidade Radio Turismo no marco do XIV Salón Galego de Gastronomía e Turismo (Xantar 2013).
Arias foi a encargada de entregar os premios Platos de oro aos responsables dos restaurantes La Paz (ubicado en Cantarrana, no municipio de Viveiro), Galicia (radicado en Baamonde, no concello de Begonte) e á casa rural O rincón de Anita (en Foz), recoñecidos co galardón desta tradicional feira da turismo.
A representante do Executivo galego na provincia de Lugo subliñou que estes premios representan en conxunto un recoñecemento á coñecida cultura restauradora lucense, que avanza na modernización para manter a súa puxanza, manténdose como un dos reclamos máis importantes para o turismo.
Neste sentido, Arias considerou que os tres establecementos premiados, que suman en conxunto máis de 130 anos de actividade, representan unha proba da competitividade e da vixencia coa que conta o sector da hostalería na provincia. Os galardoados amosan coa súa traxectoria e cuns servizos de calidade recoñecida que a restauración e a hostalería poden ter un frutífero recorrido empresarial, resumiu a delegada territorial.
Visita aos expositores lucenses
A delegada territorial aproveitou a presenza no Xantar 2013 para realizar tamén unha visita aos expositores de entidades e firmas lucenses presentes na feira, que na presente edición conta en total con 153 expositores distribuídos en arredor de 15.000 metros cadrados de superficie. Así, Arias puido visitar, entre outros, os stands dispostos pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra e o Concello de Sober.
A delegada salientou a importante proxección que posúe este salón Xantar 2013, que facilita a a difusión dos elementos do turismo galego entre os profesionais do sector, ao mesmo tempo que permite intercambiar e promocionar as nosas posibilidade turísticas e gastronómicas con outros países e rexións.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.