
A deputada do BNG, Montse Prado formula unha pregunta na comisión de control da CRTVG relativa á contratación de Isabel Pantoja no programa luar, incursa nun proceso por delito continuado de branqueo de capitais.
A parlamentaria agarda que o director xeral da CRTVG responda sobre os criterios e persoa responsable da devandita contratación así como do cache que Isabel Pantoja percibiu pola súa actuación no programa emitido o pasado día 23 de febreiro no programa Luar da TVG.
Prado tamén preguntará se os responsables da TVG seguirán contratando e publicitando a persoas a espera de sentencia, tras un proceso xudicial como o que concirne a Isabel Pantoja trala Operación Malaia.
Para a deputada, a contratación da tonadillera, que está a ser xulgada por presunto delito de branqueo continuado de capitais, responde a deriva do medio público galego que xa nin sequera repara en contratar a persoas acusadas de cometer delitos de lavado de cartos e presentalos con total normalidade, a pesar de seguir pendente dunha condena que a pode, mesmo obrigar a ingresar no cárcere por ese delito.
A deputada asegura que os medios de titularidade pública galega, deben cumprir unha función de servizo á cidadanía e a Galiza e non malgastar os fundos públicos con persoas acusadas e pendentes de sentenzas xudiciais por delitos de lavado de cartos e fraude a Facenda pública.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.