Notas de prensa

Estudantes de Filoloxía da USC protestan pola desaparición de dous graos

Máis de 200 estudantes da Facultade de Filoloxía da USC rexeitan a posíbel desaparición dos Graos de Lingua e Literatura Galega e de Filoloxía Clásica. Concentráronse en sinal de protesta por esta posible supresión por non reunir un mínimo de 50 matriculados nun curso académico.

Os Comités, organización estudantil galega, convocaron unha concentración na Facultade de Filoloxía da USC contra o posíbel desmantelamento dos Graos de Lingua e Literatura Galega e de Filoloxía Clásica nesta Facultade.

A concentración, que contou coa presenza de 200 estudantes desta facultade e que durou media hora, é a primeira mobilización que hai en Galiza contra o Decreto 222/2011 da Xunta de Galiza que establece liñas e criterios para unha nova ordenación do Sistema Universitario Galego e que establece un número mínimo de estudantes de novo ingreso nos graos. Os Comités denunciaron, que este decreto establece un número mínimo de 50 estudantes nos graos dos campus da Coruña, Vigo e Santiago e de 40 nos de Ourense, Lugo, Ferrol e Pontevedra como tamén establece mínimos de 20 estudantes para calquera master e de 10 para calquera doutoramento. “Trátase de simplifcar a universidade e de
convertela en simples números como se fora unha simple mercadoría” indicou o Responsábel Nacional de Universidade dos Comités, Daniel Candal.

A concentración, baixo o lema “Todos os graos teñen dereito a existir”, supuxo a primeira actuación desta organización estudantil contra unha nova ordenación do Sistema Universitario Galego amplamente restrictiva e encamiñada a unha ampla redución da oferta educativa e que terá unhas repercusións moi negativas nos vindeiros anos.

O representante desta organización estudantil nacionalista explicou que, segundo o Decreto 222/2011 da Xunta de Galiza, toda aquela titulación que no curso 2015/16 non chegue a un mínimo de 50 ou de 40 estudantes, en función do campus, terá tres anos para captalos ou será sometida a un Plano de Viabilidade que pode rematar coa supresión da titulación determinada. “Trátase dunha mudanza socialmente inxusta e que poderá supor a desaparición de moitas titulacións universitarias na Galiza” indicou Daniel Candal.
“As duras condicións económicas están a provocar que, cada vez, haxa máis titulacións por baixo deste número e que, como se pode prever, dentro de dous cursos este número será aínda maior” denunciaron os Comités e indicaron que están comezando a desenvolver análises e estudos sobre os efectos deste problemático decreto e que se darán a coñecer nos vindeiros días.
Finalmente, desde os Comités fxeron un chamamento ao conxunto dos órganos de goberno de Facultades e de Universidades galegas a rexeitar, desde este momento, o Decreto 222/2011 e anunciaron novas mobilizacións nas vindeiras semanas noutras facultades afectadas pola aplicación desta perigosa norma.

Fotografía: Comités Abertos (http://www.flickr.com/photos/comites/8512223713/in/set-72157632873376416/lightbox/)

Secretaría de Prensa dos Comités Abertos, 2013-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES