Notas de prensa

Convocado o concurso audiovisual Imaxina Cantares!

A iniciativa, que se enmarca nas accións coas que a Xunta de Galicia conmemorará o 150.º aniversario da publicación da obra inaugural do Rexurdimento galego, está dirixida aos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de ensino público e os participantes deben presentar unha peza audiovisual centrada nos Cantares Gallegos.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca o concurso Imaxina Cantares!. A iniciativa, dirixida aos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) dos centros de ensino galegos de titularidade pública, enmárcase nas accións coas que a Xunta de Galicia se suma á conmemoración do 150.º aniversario da publicación de Cantares Gallegos, obra inaugural do Rexurdimento galego.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, deu a coñecer hoxe en rolda de prensa as bases do certame. Acompañouno Xulia Marqués Valea, coordinadora central dos EDLG. Segundo explicou García Gómez, “os centros poderán concorrer baixo tres modalidades: educación infantil ou primaria, educación secundaria obrigatoria ou bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais de idiomas, artísticas e musicais. Terano que facer por medio dos EDLG e presentando unha peza audiovisual centrada nos Cantares Gallegos que cumpra as características técnicas requiridas.”

Contémplanse dous premios por modalidade e tamén unha certificación de Premio de Innovación Educativa para o profesorado coordinador das pezas gañadoras. O resto de profesorado participante recibirá un certificado de 8 horas de formación permanente. O prazo de presentación de proxectos está aberto ata o 22 de marzo e as bases completas pódense consultar no web institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.xunta.es/linguagalega/imaxina_cantares.

Lingua galega, literatura e TIC

Os obxectivos principais do certame Imaxina Cantares! son dinamizar a lingua galega entre o alumnado, achegar e dar a coñecer a figura e a obra de Rosalía de Castro, fomentar a creatividade en lingua galega e promover a súa presenza en diferentes espazos e soportes, nomeadamente no audiovisual, así como fomentar o traballo conxunto entre o alumnado.

Paralelamente, a iniciativa fomenta a lectura en lingua galega, a creatividade e a formación estética, así como o coñecemento da linguaxe audiovisual e das ferramentas TIC. Todo isto convérteo nunha opción moi completa e promotora da innovación educativa.

Esta acción está en liña con outras que centran as prioridades de traballo da Consellería e Educación, coma o fomento do hábito lector -que se desenvolve fundamentalmente a través do Plan LÍA 2012/2015 de bibliotecas escolares para a lectura, a información e a aprendizaxe-, a promoción da sociedade da información –que se realiza fundamentalmente mediante o proxecto Abalar- ou o fomento do galego, que, nos centros educativos, se leva adiante, sobre todo, a través dos equipos de dinamización da lingua galega.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2013-02-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.
Foto de la tercera plana (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES