O presidente da Xunta subliñou que, coa convocatoria de 222 novas prazas no eido educativo, Galicia se sitúa como a segunda comunidade autónoma onde hai unha oferta pública de emprego en educación, e como a primeira comunidade en relación número de profesores e número de alumnos; en consecuencia aseverou-, Galicia, hoxe por hoxe, é a comunidade autónoma con máis prazas en oferta pública de emprego de educación en termos comparativos.
Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, que hoxe deu luz verde á convocatoria destas prazas, o mandatario autonómico explicou que se trata de 200 novas prazas de mestre, 50 na especialidade de mestre infantil, 50 para inglés, 50 para pedagoxía terapéutica e 50 para audición e linguaxe, ás que hai que sumarlle, ademais, outras 22 prazas no corpo de inspectores de educación.
Feijóo remarcou que con esta convocatoria se busca impulsar o plurilingüismo no ensino público e a atención á diversidade do alumnado, converténdonos nunha das comunidades autónomas coas taxas máis baixas de temporalidade na educación pública.
Somos a segunda comunidade autónoma que sacamos unha oferta pública de emprego no ámbito da educación, pero somos a primeira comunidade autónoma no número de prazas en función do número de mestres e do número de alumnos, recalcou o presidente da Xunta, lembrando que xestionar con eficiencia permite, a pesares da crise, facer ofertas públicas de emprego, como esta aprobada hoxe ou como a xa aprobada a finais do pasado ano no ámbito da sanidade.
Redución do absentismo laboral
Doutra banda, Alberto Núñez Feijóo asegurou hoxe que a Xunta acadou un aforro de 26 millóns de euros en 2012 como consecuencia da redución do absentismo laboral na Administración. O presidente galego cualificou de notable e histórica a diminución de baixas laborais dos empregados públicos que se constata en todos os ámbitos: o docente, o sanitario, o da xustiza, o dos servizos sociais e o da Función Pública en xeral. Temos conseguido aforros por 26 millóns de euros tan só no ano 2012 como consecuencia de que o número de baixas laborais dos empregados públicos se ten reducido dunha forma histórica. Un 25,6% de redución do absentismo laboral na función pública e un 24% de redución do absentismo laboral no Servizo Galego de Saúde, explicou o presidente.
Para Alberto Núñez Feijóo estas cifras reflicten cada vez un maior grao de compromiso dos empregados públicos cos cidadáns. Segundo dixo, o menor absentismo tradúcese nunha maior produtividade e a maior produtividade significa, sen dúbida, unha maior responsabilidade e unha maior eficiencia dos servizos públicos para que os cidadáns vexan que, a pesares da crise económica, os seus impostos cada día se aplican con maior rigor.
Feijóo salientou que esta evolución tense intensificado desde que no mes de marzo se comezara a aplicar a Lei de medidas temporais en materia de emprego público. Segundo o informe que a Consellería de Facenda presentou hoxe no Consello da Xunta, o ano pasado iniciáronse un total de 5.500 baixas menos (un 29,2% menos) que en 2011 no ámbito da Función Pública. No ámbito do Sergas, iniciáronse 9.000 baixas menos (un 36% menos). Se se colle como referencia o mes de decembro de 2012, a redución de baixas iniciadas na Función Pública foi do 37%, mentres que no Sergas foi do 40%.
O presidente da Xunta lembrou que as cifras de absentismo xa se veñen reducindo desde 2009 (cun 41% de redución ata 2012), cunha porcentaxe que se sitúa no 3,19% no ámbito da Función pública (con 60.000 traballadores) e no 3,99% no ámbito do Servizo Galego de Saúde (que conta con 30.000 empregados). Feijóo destacou que estes datos corroboran que o grao de absentismo laboral na maioría das empresas privadas é maior que o rexistrado na Xunta de Galicia en todos os seus ámbitos, e comprometeuse a seguir traballando para manter estas ratios.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.