O Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo, foi galardoado nesta trixésimo terceira edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid como Mellor Produto de Turismo Activo na Área de Cultura. O concurso foi convocado por Fitur e a publicación Aire Libre e os votos emitíronse a través de www.airelibre.com e da web de Fitur.
Para distinguir ao Camiño de Santiago, o xurado valorou aspectos como a idea orixinal, a presentación, a imaxe, a contribución á recuperación do medio e ao desenvolvemento sostible, a calidade das infraestruturas e a comercialización e canles de distribución.
No acto de entrega, que se celebrou no stand da publicación Aire Libre en Fitur, estiveron presentes a directora da revista especializada Aire Libre; a directora da Feira Internacional de Turismo de Madrid, Ana Larrañaga e mais o director de Nacional da Área Comercial de Fitur, David Solar. A encargada de recoller o galardón outorgado á Ruta Xacobea, foi a secretaria xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro.
O xurado do XVIII Concurso ao Mellor Produto de Turismo Activo emitiu o seu veredicto o día 24 de xaneiro e distinguiu ademais de ao Mellor Produto de Turismo Activo aos Mellores Produtos de Aventura que é A Volta a Asturias en 11 días-; Natureza que son as Rutas ornitolóxicas auto guiadas por vías pecuarias de Madrid; e mais no apartado de Internacional. Neste apartado o Mellor Produto de Aventura é para a Capadocia, en Turquía; o Mellor Produto en Cultura é a Ruta do barro, a caña e o folclore de Panamá e o galardón ao Mellor Produto de Natureza distingue á Viaxe educaciónal rumbo á Antártida de Noruega.
O Camiño de Santiago é a ruta máis antiga e celebrada do mundo occidental. Foi distinguido co galardón ao Mellor Produto de Turismo Activo no eido cultural de entre os outros 16 candidatos nacionais. No concurso participaron un total de 70 produtos, 20 deles no eido internacional e 50 no eido internacional.
Camiño Mozárabe
No stand de Galicia tivo lugar onte unha presentación a cargo do presidente do Ceder La Serena, José Angel Benítez e mais do presidente da Asociación Andaluza Camino, Juan Ramos e que contou coa presenza do xerente do Xacobeo, José Paz sobre o Camiño Mozárabe a Santiago.
No acto anunciouse a celebración dun congreso en Mérida en outubro sobre O papel das peregrinacións na historia. Nel abordaranse aspectos culturais, espirituais e económicos e tamén se falará dos itinerarios culturais, as peregrinacións e o desenvolvemento rural, así como das características do Camiño Mozárabe de Santiago e do Camiño de Santiago como elemento de identidade Europea.
Na presentación tamén se fixo un balance das actuacións que están levando a cabo as comunidades autónomas de Andalucía e Extremadura como a sinalización de máis de mil quilómetros desta variante e a dotación de infraestruturas de aloxamento para peregrinos.
O xerente do Xacobeo, José Paz, resaltou a importancia do asociacionismo xacobeo no mantemento e conservación dos Camiños de Santiago e gabou a labor das asociacións xacobeas do sur de España en colaboración cos diferentes grupos de desenvolvemento local para a dinamización das rutas xacobeas. Constitúen todo un exemplo para outros territorios, dixo. Do mesmo xeito, Paz incidiu na recuperación das poboacións e na dinamización da actividade económica que xurde a raíz da recuperación das rutas xacobeas.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.