Notas de prensa

Sogama presenta o portal educativo Caderno Verde

www.cadernoverde.com dáse cobertura á xestión dos residuos urbanos nas distintas disciplinas presentes na educación dos pequenos, toda vez que o medio ambiente, lonxe de ser un área de coñecemento independente, debe integrarse de forma transversal en todas e cada unha das materias recollidas no ensino regulado.

No seu empeño por dar un paso adiante no ámbito da educación ambiental dos escolares galegos, Sogama, co apoio da Consellería de Medio Ambiente e a colaboración de Botóns (Portal Galego de Educación), lanza unha páxina web que, baixo o título “Caderno Verde” e o dominio www.cadernoverde.com, pretende ser un recurso didáctico co que introducir, de forma transversal, as boas prácticas ambientais nas distintas disciplinas que conforman o deseño curricular do ensino Primario.

Co lema “Educación para un futuro sostible”, a xestión dos residuos urbanos en xeral, e o cometido desta empresa pública en particular, constitúen os eixes centrais sobre os que xirarán as distintas actividades recollidas nesta plataforma web. O principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) e o labor de Sogama como complemento ás mesmas cobrarán especial protagonismo nun contexto marcado pola coidadosa elección dos contidos, baixo criterios pedagóxicos, e o traballo no ámbito das actitudes cara á problemática que, a día de hoxe, representa a inxente cantidade de lixo producido e a implicación da cidadanía na súa xestión, tendo en conta que é precisamente a prevención, o consumo racional e a activa participación nos mecanismos de recollida selectiva, os piares que deben sustentar a colaboración da poboación; un xesto absolutamente necesario para garantir o posterior reciclado e, polo tanto, o notable aforro de enerxía e materias primas que este trae consigo.

CONTIDOS

www.cadernoverde.com irase nutrindo quincenalmente con diferentes unidades didácticas pensadas de forma específica para o traballo dos pequenos nas escolas, pero tamén para reforzar a educación no seo das familias, tendo en conta que a conexión entre ambos escenarios fará posible un labor produtivo no ámbito da educación integral dos pequenos, que contarán cunha sólida formación de base que lles permitirá actuar e comportarse como cidadáns comprometidos co coidado do medio ambiente, contribuíndo á creación dun futuro mellor para todos.

A iniciativa, que pretende conxugar coñecementos e diversión, nútrese con diversos personaxes encargados de divulgar os contidos, ao tempo que conta con ilustracións orixinais pensadas especialmente para esta etapa educativa e nas que prima a sinxeleza, o colorido, a empatía cos intereses dos nenos e nenas, e a comprensibilidade.

Aloia, Brais, Tomé e Mireia, xunto co avó Celso e o can Cirilo, son “Os amigos de Vilaverde”, quen acompañarán aos escolares nunha nova aventura de aprendizaxe ambiental á que tamén se unirá a coñecida Familia Trebón, protagonista da serie de videocontos do “Planeta Verde” de Sogama.

O obxectivo é que a dimensión ambiental se evidencie en todas e cada unha das materias que cursan os escolares: desde coñecemento do medio ata matemáticas e educación artística, pasando por lingua galega, castelá e estranxeira. É por isto que cada unidade didáctica estará conformada por fichas nas que se incluirán exercicios prácticos cos que contrastar e avaliar o grao de aprendizaxe adquirido polos usuarios, insistindo naquelas cuestións que poidan resultar máis arduas e confusas.

E é que o medio ambiente como tal non debe ser un área de coñecemento illada e desconectada do resto das materias obxecto de estudo porque, en realidade, éo todo, configurando o escenario no que se desenvolven as nosas vidas e no que os cativos se van formando progresivamente co obxectivo de converterse en adultos responsables desde todas as dimensións, incluída a ecolóxica, debendo esforzarse en preservar a integridade do seu contorno vital, o que fará posible o benestar e a calidade de vida.

Aínda que as unidades didácticas estarán dispoñibles en formato dixital, os que así o desexen poderán imprimilas en soporte papel, non precisando ser grampadas nin encadernadas, resultando suficiente introducilas nun cartafol na que as distintas áreas de coñecemento poden identificarse con códigos de cores.

O proxecto divulgarase a través das páxinas web de Sogama e Botóns: www.sogama.es e www.botons.eu.

Gabinete de Comunicación de Sogama, 2013-02-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (cgac-2021.jpg) Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée d’Art Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
Foto de la tercera plana (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.

Notas

Desde o ano 2022 e financiado polo International Space Science Institute, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel estuda os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. O equipo acaba de realizar unha xuntanza na sede do ISSI en Berna (Suíza).
As chuvias que recibimos no oeste da Península Ibérica dependen en boa medida do que sucede no Atlántico Norte. Un novo estudo liderado pola investigadora do CICA da UDC Uxía Fernández-Pérez reconstrúe como cambiaron as precipitacións nesta rexión durante os últimos 11.000 anos e permite comprender mellor os mecanismos oceánicos e atmosféricos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES