Galicia liderará o Plan tecnolóxico estatal para a modernización da xustiza, a través dun acordo de colaboración entre o Goberno galego e o Goberno do Estado dotado con cinco millóns de euros de investimento ata o ano 2015 e que hoxe autorizou o Consello da Xunta.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou que se trata dun programa piloto que se poderá estender ao resto do Estado e que nos permite situar a Galicia na vangarda da modernización da administración de xustiza. O investimento (catro millóns de euros aportados por Red.es e un millón pola comunidade autónoma) destinarase a seguir completando o programa informático do expediente xudicial electrónico, da tramitación telemática, dos distintos sistemas informáticos e da co oficialidade lingüística, explicou.
Feijóo subliñou que a elección de Galicia para liderar este proxecto polo que tamén competían outras autonomías responde a que foi precisamente a comunidade galega a que presentou o proxecto ao Ministerio, porque conta coa experiencia e a capacidade técnica da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para poder executalo, e porque dispón do orzamento necesario esixido polo Goberno do Estado.
O acordo, que asinarán a Consellería de Presidencia e Amtega co Ministerio de Industria e coa entidade pública Red.es, enmárcase na Axenda Dixital 2014.gal que ten como obxectivos informatizar a administración pública, mellorar a informatización da sanidade, mellorar a informatización da administración docente, e tamén mellorar a administración de xustiza, especificou o presidente.
Así mesmo, Feijóo lembrou que a Xunta xa ten en marcha unha serie de actuacións para a completa posta ó día dos xulgados galegos. Estamos cun plan de infraestruturas materiais e xudiciais, de 97 millóns de euros. Estamos poñendo ó día, e puxemos ó día na anterior lexislatura, a asistencia xurídica gratuíta, e investimos 14 millóns de euros no Plan Senda, que é o plan de informatización da xustiza de Galicia, dixo.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.